O PSdeG esixe a Feijóo que "non se poña de perfil" e que faga efectiva a renuncia da valedora

Gonzalo Caballero recorda ao presidente da Xunta que "as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2019 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O secretario xeral, Gonzalo Caballero, reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "non se poña de perfil" e que faga "efectiva" a renuncia da valedora,Milagros Otero, quen a condicionou a que os grupos se poñan de acordo previamente sobre o seu substituto.

Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que 'non se poña de perfil' e que faga 'efectiv. PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA
Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que 'non se poña de perfil' e que faga 'efectiv. PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Caballero, nun acto en Cangas este sábado no que arroupou a Ana Belén Martín na súa presentación como candidata, acusou ao PP de "non entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido".

Na semana na que o Tribunal Supremo rexeitou o recurso da valedora sobre a sentenza do TSXG que sinalaba a nulidade do nomeamento de María Puy Fraga --sobriña de Manuel Fraga e irmá do parlamentario do PP Pedro Puy--, Gonzalo Caballero lembrou que a institución "tería que ser un exemplo para todos os galegos".

Ante isto, o líder do PSdeG advertiu de que a situación "é de máxima gravidade" na medida en que "mostra incapacidade para ser responsables coas sentenzas". "A cidadanía está atónita vendo que o PP segue sen entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido", remarcou.

Gonzalo Caballero esixiu a Feijóo que "non empece a campaña sen facer efectiva con carácter inmediato" a renuncia da valedora, porque "non pode porse de perfil" e "ten que implicarse na resolución" da situación.

"Rajoy non quixo ver a importancia da sentenza da Gürtel e houbo que retiralo cos votos do Congreso. Se a Feijóo non lle importa a exemplaridade, terá un non rotundo da cidadanía galega", expresou Gonzalo Caballero, ante o "espectáculo pouco digno" na institución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta