A partir deste luns pódense solicitar permisos para realizar queimas de restos agrícolas ou forestais

No caso das queimas de restos forestais, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural permite de novo desde o este luns tramitar permisos para facer queimas, de acordo coa normativa de aplicación, xa que as condicións meteorolóxicas así o permiten.

Isto significa que o vindeiro mércores, 10 de abril, será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.  Deste xeito, desde as 00,00 horas --do domingo ao luns-- xa se poden realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ademais, en días laborais, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Todos aqueles que desexen queimar restos agrícolas que se acumularon nas zonas que determina dita lei, nos períodos habilitados, deberán comunicalo dous días antes.

No caso das queimas de restos forestais, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, a autorización e as comunicacións deixarán de ter validez nos días nos que hai vento e altas temperaturas. Pódese consultar máis información na dirección http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/queimas.

A partir do luns poderanse solicitar novos permisos para realizar queimas de res. EUROPA PRESS - Arquivo
A partir do luns poderanse solicitar novos permisos para realizar queimas de res. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta