Máis do 70% dos menores de 25 anos en Galicia está a traballar

Serían sobre 38.600, segundo a empresa de recursos humanos Randstad.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O 70,2% dos mozos en idade de traballar menores de 25 anos en Galicia ten un emprego, o que supón un 2,4% máis que hai un ano e a segunda taxa de ocupación máis alta desde 2008, segundo un estudo realizado pola empresa de recursos humanos Randstad.

Así, Galicia sitúase 3,7 puntos porcentuais por encima da media nacional, onde o 66,5% dos menores de 25 anos traballa. "Se se analiza a serie histórica obsérvase que, tras alcanzar a taxa de ocupación máis elevada deste colectivo en 2008 (75,9%), este indicador do mercado laboral descendeu cinco anos consecutivos ata rexistrar a menor taxa en 2013 (49,9%), para logo crecer durante catro exercicios e alcanzar en 2017 a segunda mellor cifra da serie histórica (70,2%)", asegurou a compañía.

En termos absolutos, na actualidade hai 38.600 galegos menores de 25 anos traballando, o que supón un aumento de 2,4 respecto dun ano antes, cando se rexistraron 37.700 ocupados deste colectivo.

ESTATAL

A nivel nacional, o 66,5% dos mozos de menos de 25 anos está a traballar na actualidade (996.800 mozos), a mellor cifra desde 2010, cando se rexistraron máis de 1,1 millóns de mozos, segundo se desprende dunha análise da situación laboral dos menores de 25 anos realizado por Randstad.

Científica na Unidade Mixta de Investigación
Científica na Unidade Mixta de Investigación | Fonte: ganadores.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta