En Común-Unidas Podemos presume de que vai conseguir deputados en todas as provincias galegas

Gómez-Reino di que corresponde a "os compañeiros do Parlamento" decidir o futuro de Luís Villares como portavoz.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

En Común-Unidas Podemos márcase o obxectivo de "gobernar con forza" no Estado "desde Galicia" tras as eleccións xerais do próximo 28 de abril, "claves para cambiar o modelo" e coas "urnas abertas" debido á alta porcentaxe de indecisos. De feito, detecta unha "clara posibilidade" de lograr deputados polas catro provincias galegas. Así o manifestaron nun almorzo informativo as cabezas de cartel da coalición polas provincias da Coruña e Pontevedra, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, respectivamente.

Común-Unidas Podemos
Común-Unidas Podemos | Fonte: E.P.

Coa vista posta no 28 de abril, Gómez-Reino lembrou que en 2015 as enquisas prognosticábanlles dous ou tres deputados, un "horizonte similar" ao de agora. E, nun escenario "moi aberto", falou dunha "clara posibilidade" de que En Común-Unidas Podemos obteña deputados "en todas as provincias do país".Lugo e Ourense, sinalou, "tamén necesitan deputados que defendan aos lugueses e aos ourensáns". É "fundamental" que "todo o país estea representado" no Congreso dos Deputados, incidiu.

Cuestionados por se o obxectivo mínimo que se marcan é conseguir un deputado por cada unha do catro provincias, Díaz respondeu que non e ambos sentenciaron que a súa meta é "gobernar con forza".

Tras o acto este domingo na Coruña con Irene Montero, que deu o pistoletazo de saída á campaña que empeza esta semana, En Común-Unidas Podemos explicou este luns que durante os próximos días Montero volverá a Galicia, onde se desprazarán tanto Pablo Iglesias como Alberto Garzón (este último dúas veces), Victoria Rosell e Juan Carlos Monedero.

En concreto, a visita de Iglesias á comunidade galega producirase finalmente o xoves 25 de abril, cando acudirá a Vigo e a outras localidades do norte de Galicia. Por motivos de axenda, foi anulado o acto previsto co líder de Podemos nas instalacións do estaleiro Navantia en Ferrol no arranque da campaña, este venres día 12.

TENSIÓNS INTERNAS

Preguntados pola eventual perda de credibilidade entre o electorado galego após as tensións que levaron a que En Marea (partido instrumental no que se integraron Podemos, Anova e Esquerda Unida) se presente por unha banda e eles (Podemos e Esquerda Unida) por outro, Gómez-Reino resolveu que o que "a xente quere" son "solucións" aos seus problemas.

Neste sentido, ratificou que Anova, que finalmente non participa nestes comicios, é "un socio preferente" e apostou por "traballar" para "revalidar" as alcaldías na seguinte cita coas urnas, a do 26 de maio, data das municipais.

Á pregunta de se Podemos e Esquerda Unida van soster ao portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, na Cámara autonómica, Díaz remitiu a que é "militante de base" e Gómez-Reino, como secretario xeral da formación morada en Galicia, apelou á "autonomía" do grupo. Deste xeito, é "responsabilidade" dos "compañeiros" do Parlamento "decidir" sobre o futuro de Villares.

QUE "GALICIA CONDICIONE"

Antón Gómez-Reino defendeu que a súa pretensión é ir "a Madrid coa aspiración de gobernar" e que "Galicia condicione a conformación de goberno". A idea é que se teñan "en conta as propostas de Galicia" pero tamén "gobernar comprometidos coas maiorías sociais".

A participación de En Común-Unidas Podemos "no goberno" é, na súa opinión, "fundamental" para "salvagardar" os "intereses dos sectores estratéxicos" de Galicia. Ao seu lado, Yolanda Díaz fixo fincapé en que estas "non son unhas eleccións máis" e chamou á "mobilización de todo deus", desde os mozos e as mulleres ata os pensionistas, pasando polos traballadores que sofren a precariedade e "a xente no exilio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Nandiño

Aí está a parelliña, sempre un a carón do outro

3 Gamela

Temos un problema... https://i.gal/gamela05

2 Rekiario

Xa me tarda votar ao BNG pra botar a todos istes antiGaliza. Cánto tempo perdido e cánto dano feito. Espero que collades todos no chalé do Pablo ou no pazo do Beiras.

1 Fer

Antes de votar Yolanda ou Toné, ler a crónica do seu colega e non asquearse cando non diga quen é quen nos "rupturistas" de pacotilla: http://xosezapata.weebly.com/blog