Ourense Mellor súmase a En Marea e competirá con Ourense en Común, avalada por Anova

Apela á unidade na esquerda, aínda que previsiblemente as candidaturas de confluencia terán dúas papeletas na cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A candidatura Ourense Mellor, na que se uniron diversas sensibilidades da esquerda, adheriuse a En Marea para as eleccións municipais do próximo 26 de maio coa firma do protocolo de colaboración. Con esta alianza, esperan "alcanzar a representación na Deputación" ourensá.

OURENSE
OURENSE | Fonte: Europa Press

O candidato á Alcaldía da cidade desta formación nova, Etelvino Blanco, cualificou de "moi importante" a firma de acordos con En Marea. "É un feito que impulsa novamente o noso proxecto para tentar ter unha representación na Deputación provincial de Ourense", engadiu.

A firma do convenio de colaboración entre En Marea e a plataforma cidadá Ourense Mellor constitúe "un documento --sinalou Etelvino Branco-- que facilita un modo de colaboración entre as diferentes Mareas que poden existir nos distintos concellos da provincia".

Preguntado o portavoz de En Marea, Luís Villares, pola existencia do ofrecemento a Ourense en Común, co que van competir por un espazo político similar, apuntou que "houbo conversas con todas as mareas e ofrecéuselles a todas sumar para este proxecto político".

Deste xeito, as mareas terán dúas papeletas na cidade. Por unha banda, Ourense en Común, liderada por Martiño Vázquez e apoiada pola dirección de Anova; e, por outro, a plataforma Ourense Mellor, que escenificou publicamente este luns o apoio de Villares.

Os dous políticos coinciden en sinalar "a necesidade de que en Ourense conflúa a esquerda para tentar conseguir realmente esa maioría folgada para gobernar o Concello de Ourense" e "sumar a confianza electoral para librar á Deputación do Baltarismo".

Por tanto, fan "de novo" un chamamento á unidade ao dicir que acordos como o que este luns se asinou "non están restrinxidos a ninguén".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta