O Concello da Coruña deberá readmitir un traballador e convertelo en interino

Segundo CC OO o posto de traballo era de interinidade "xa que cubría unha praza vacante que estaba prevista na relación de postos de traballo polo que non respondía a unha circunstancia excepcional".

Por E.P. | A CORUÑA | 08/04/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña obriga, nun fallo, ao Concello da Coruña a readmitir un traballador e transformar en interino o contrato temporal que tiña, segundo informan os servizos xurídicos de Comisións Obreiras (CCOO) que levou o caso. No entanto, contra o fallo, cabe recurso.

Nun comunicado, o sindicato explica que o contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, "pero a sentenza dálle a razón e considera que lle corresponde ser interino por causas estruturais".

Na súa demanda, CCOO argumentaba que o contrato do traballador cesado, vinculado cos cemiterios municipais, era, formalmente, de interinidade por "acumulación de tarefas". Tamén que o era por causas estruturais "xa que cubría unha praza vacante que estaba prevista na relación de postos de traballo polo que non respondía a unha circunstancia excepcional".

A sentenza, segundo informa o sindicato, considera que procede "a continuidade do vínculo do traballador coa Administración local, que deberá readmitir ao denunciante mediante a fórmula que legalmente correspondería, que é a de traballador interino por razóns estruturais".

Tribunal
Tribunal | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta