Educación busca ao escolar 'Superlíder'

80 estudantes compiten este venres na capital galega por ver quen é o mellor en varias materias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Máis de 80 escolares competirán este martes en Santiago de Compostela por ser 'Superlíderes', na fase final do certame organizado con este nome pola Consellería de Educación no marco do Plan Eduemprende.

O obxectivo do concurso, precisou a Xunta a través dun comunicado, é fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 3º e 4º de Primaria no espírito emprendedor. Para iso, 'Superlíderes' propón seis competencias que os escolares tiveron que practicar e fortalecer na aula: a motivación, o enxeño, a comunicación, a persuasión, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

Esta fase final, o 'Día dos Superlíderes', enfrontará ao alumnado de cada nivel (3º e 4º curso) por roles, expondo en quendas de tres minutos dúas solucións aos retos propostos. O reto final buscará demostrar as habilidades de improvisación e resolución inmediata mediante as habilidades de liderado obxecto deste programa.

Os premios --un individual por rol e nivel e un premio grupal para o centro educativo que obteña unha mellor valoración-- entregaranse tamén no Día dos Superlíderes. Ademais, destacaranse dous Dreamteams (un de 3º e outro de 4º) integrados, en cada nivel, polo alumnado que mellor puntuación obteña en cada rol.

Obradoiro nun centro escolar de Monforte
Obradoiro nun centro escolar de Monforte | Fonte: Xosé Manuel Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta