Galicia entre as comunidades con menor taxa de ocupación en casas rurais en Semana Santa

A comunidade autónoma de Galicia atópase entre as rexións que rexistran unha menor taxa de ocupación durante a Semana Santa cun 57,9%. Navarra, Aragón e Estremadura lideran o ránking superando a media nacional.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/04/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A ocupación das casas rurais durante a Semana Santa alcanza o 57,9% en Galicia, por baixo da media nacional -do 73%- entre todos os aloxamentos rurais que teñen o seu calendario de ocupación actualizado entre o 17 e o 21 de abril de 2019, a falta de contabilizar as reservas de última hora, segundo datos recolleitos por Tuscasasrurales.com .

Casa da Pedra, unha casa de turismo rural en Tomiño
Casa da Pedra, unha casa de turismo rural en Tomiño | Fonte: toprural.com

Por comunidades autónomas, Navarra lidera a ocupación cun 93,39%, seguida de Aragón cun 84,95%, Estremadura (84,17%), Castela e León (83,68%), Cataluña (80,76%), A Rioxa (80,17%) e País Vasco (80,11%) como as comunidades que rexistran os maiores niveis de ocupación en España durante a Semana Santa de 2019.

Tras estas comunidades quedan outras como Andalucía (73,82%), Asturias (73,7%) ou Castela a Mancha (73,35%). Doutra banda, as rexións que rexistran unha menor taxa de ocupación durante a Semana Santa son Galicia cun 57,94%, Murcia (57,23%) e Baleares cun 48,46%.

En canto a provincias, e ao incluírse as autonomías uniprovinciais, Navarra sitúase como a provincia con maior ocupación durante a Semana Santa de 2019, cun 93,39% de ocupación, seguido doutras provincias como Álava (89,65%) Burgos (88,7%) Segovia, (88,6%), Cáceres (88,56%), Zaragoza (88,54%), Salamanca (87,71%) ou Soria cun 87,39%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta