Os aeroportos galegos seguen medrando

Gañaron case 30.000 pasaxeiros ata o mes de marzo, un 2,8% máis con respecto ao ano anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

Os tres aeroportos galegos gañaron case 30.000 pasaxeiros ata o mes de marzo, chegando aos 1.074.298 usuarios, o que supón un 2,8% máis con respecto ao ano anterior. Segundo os datos feitos públicos este martes por Aena, as tres terminais galegas rexistraron no primeiros tres meses do ano 1.074.298 usuarios, o que supón 29.372 pasaxeiros máis que no mesmo mes de 2018, cando foron case 1.045.000.

Facturación no Aeroporto de Santiago Lavacolla Turismo. EUROPA PRESS - Arquivo
Facturación no Aeroporto de Santiago Lavacolla Turismo. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Por terminais, a que rexistrou unha maior cifra foi o Aeroporto de Santiago, con 555.480 usuarios, aínda que experimentou unha diminución de medio punto con respecto ao acumulado en marzo do ano pasado.

Pola súa banda, A Coruña foi o aeroporto que máis creceu neste índice, un 8,5%, ata os 290.877 usuarios. En Vigo, pola súa banda, rexistráronse 227.941 pasaxeiros, un 4,3% máis que hai un ano.

En canto ao número de voos operados neste intervalo, foron 4.545 en Santiago (un 0,8% menos), 3.917 na Coruña (un incremento do 8,4%) e 2.644 en Vigo (un 3,5% máis).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta