Cincuenta vivendas da Sareb para familias afectadas polos desafiuzamentos

As persoas que se beneficien desta iniciativa de aluguer social pagarán un máximo de 133 euros en concepto de mensualidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) renovaron o acordo de colaboración polo cal a sociedade de xestión de activos cede medio centenar de inmobles co fin de facilitar unha vivenda a 50 familias afectadas polos desafiuzamentos. O acordo pechouse despois dunha reunión entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, e o director de responsabilidade social de Sareb, Gaspar González-Valenzuela.

A ratificación deste convenio súmase tamén á renovación do convenio de colaboración entre a Xunta e Abanca, polo cal se ceden vivendas de aluguer social a máis de 80 familias ata o ano 2022. Deste xeito, as persoas que se beneficien deste programa de aluguer social pagarán un máximo de 133 euros en concepto de mensualidade, segundo expón a Xunta nun comunicado.

BONO DE ALUGUEIRO

Ademais, a conselleira lembrou a existencia do Bono de Alugueiro Social para os casos máis urxentes. Este, consiste nunha axuda de con un importe máximo de 225 euros mensuais que se concede por un período de 12 meses prorrogables ata un total de tres anos.

Inclúe tamén unha axuda única adicional de 600 euros para facer fronte a pagos atrasados ou a gastos de formalización do novo contrato. A conselleira lembrou que "se trata dunha medida para facilitar unha vivenda a persoas que se viron afectadas por unha situación de desafiuzamento" e que forma parte do programa Realoxo de afectados por execucións hipotecarias.

Vivenda. EUROPA PRESS - Arquivo
Vivenda. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta