A presunta autora da morte da septuaxenaria atopada na Coruña entrégase en Málaga

A filla e presunta autora da muller atopada sen vida na súa vivenda cando ía ser desafiuzada entregouse ás atuoridades en Málaga. Xunto ao cadáver da anciá atopárase unha nota na que se deixaba entrever que axudaría á súa nai a morrer.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/04/2019 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A muller, veciña da Coruña, á que a Policía Nacional buscaba como presunta autora da morte da súa nai no piso no que residían na cidade herculina, entregouse en Málaga, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. A procura iniciouse despois de que a comitiva xudicial que o pasado 25 de marzo se dispuña a executar o desafiuzamento de ambas por falta do pagamento de alugueiro, no número 15 da rúa Perú, atopase o cadáver da anciá, unha septuaxenaria.

Desde entón, iniciouse a procura da filla da falecida, de 41 anos, que deixou unha nota escrita na que, presuntamente, deixaba entrever que axudaría a morrer á súa nai. O resultado preliminar da autopsia confirmou, posteriormente, a morte por asfixia da anciá. Tras estes feitos, a Policía iniciou unha procura en distintas localidades, entre elas Narón (A Coruña), onde a familia residira, aínda que sen éxito ata a entrega este luns da muller.

Foto recurso. Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo
Foto recurso. Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta