A Fegamp pide dous anos de marxe para auditar o estado das redes de abastecemento de auga

Desde a Fegamp din que existen "problemas" coas redes de abastecemento, con perdas nalgúns casos "elevadas" e que os municipios "non se opoñen" a que se graven as malas prácticas na xestión destas infraestruturas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2019 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) solicitou á Xunta unha moratoria de dous anos para que os concellos poidan elaborar auditorías para analizar e determinar o estado real das redes de abastecemento de auga.

Así o trasladou o presidente da entidade, Alfredo García, durante a reunión este mércores do Consello Reitor de Augas de Galicia, no que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladou a intención de aprobar este ano a nova 'Lei de garantías de abastecemento'.

García recoñeceu que existen "problemas" coas redes de abastecemento, con perdas nalgúns casos "elevadas" e que os municipios "non se opoñen" a que se graven as malas prácticas na xestión destas infraestruturas nin a contar cunha estrutura tarifaria "suficiente" que "desincentive o excesivo consumo" de auga.

Así, solicitou que se permita unha moratoria ás administracións locais para poder realizar unha análise da situación real, un "plan de prazos" que permita ir conseguindo logros aos municipios e unha planificación "conxunta e cofinanciada" para realizar obras que melloren o rendemento destas redes e "cumprir o obxectivo" de perdas de auga que marca a norma da Xunta.

Segundo trasladou a Fegamp, Augas comprometeuse a estudar estas propostas, acordadas con todos os grupos políticos da xunta de portavoces da entidade, para ser consideradas na redacción do texto final da lei.

O presidente da Fegamp e alcalde do Barco, Alfredo García (PSOE)
O presidente da Fegamp e alcalde do Barco, Alfredo García (PSOE)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta