Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 11/04/2019 | Actualizada ás 12:15
Os laios de catro cachorros de can alertaron os animalistas. Unha vez máis, e xa son moitas, cachorros de gatos ou cans son arroxados en colectores de vidro. Desta vez foron catro cadeliños. "Isto é o normal nas aldeas", di unha activista en defensa dos animais, que ao principio pensaba que se trataba de gatos.
Metidos nunha bolsa de plástico pechada, canda botellas de vidro e plástico, os cachorros emitían sons desesperados, como se pode observar no vídeo.
Agora, a asociación animalista Libera ofrece 1.500 euros como recompensa a quen ofreza información sobre o abandono destes cachorros nun colector de vidro no lugar de Aralde, en Vilagarcía de Arousa.
Libera tacha de "sádico" o abandono destes animais, que foron rescatados por Protección Civil, pero que "puideron morrer de forma cruel, esmagados por botellas ou desangrados polos envases rotos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.