VOTA | Cal é a mellor opción política para Galicia nas eleccións xerais do 28A?

GC pregunta aos lectores que formación política é mellor que gañe en Galicia para defender os intereses do país en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A última macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións xerais do próximo 28 de abril dá a vitoria do Partido Socialista en Galicia, onde obtería entre 9-10 escanos, por diante do Partido Popular, que quedaría con 8-9 deputados galegos no Congreso, nuns comicios onde por primeira vez Ciudadanos e Vox terían representación de Galicia en Madrid, con dous ou un deputados, respectivamente, e En Marea e BNG non obterían representración, mentres que En Común-Unidas Podemos podería conseguir dous.

Voto nas eleccións municipais
Voto nas eleccións municipais

Ante unha das eleccións máis incertas na historia do país, GC pregunta aos lectores cal cren que é a mellor opción política para Galicia nestes comicios trascendentais, entre os partidos que xa teñen representación nas cámaras galega e española, e os que as enquisas colocan con escanos nas próximas eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

7 lóstrego

Ninguén vota ao PP e naide ve Sálvame. Moita masa crítica che hai, ho!

6 Pasaba por aquí

Marea o Unidas - Podemos

5 néstor renovador

Liberados do vloque a votar centos de veces en 3...2...1

1 Clariña

Pois deberon chamar a todos e a todas as liberadas porque está botando fume a votación. Nótase ben que fixeron chamamento aínda que logo poñan a feder a este xornal.

2 pomba viaxeira

Penso que o odio non che deixa ver a realidade. O teu é grave, e imnventar a verba vloque... Sen comentarios, pide unha consulta e mira por esa saúde...

3 carrumeiro

Nestor é renovación, deixade de difamar

4 Mati

Falta Recortes Cero -Grupo Verde. Acaso no saben que están en todas las provincias de Galicia ?

1 Recotes Cero - Los Verdes

Curiosa trayectoria la de esta gente, empezo con el PCE y acabó en UPyD: https://es.wikipedia.org/wiki/Unifi...

3 Salomé

Para a maioría dos seres, humanos e non humanos, sensibles: Partido Animalista e Partido da Terra.