Temas: MORTE FERROL

O corpo sen vida atopado en Ferrol corresponde a unha sexaxenaria desaparecida un mes antes

Trátase de T.C.L., unha veciña desta mesma cidade de 60 anos de idade que desaparecera o pasado 10 de marzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2019 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O cadáver localizado no mediodía do pasado domingo, 7 de abril, na zona de costa de Ferrol, no lugar de Penencia, na parroquia de Doniños, pertence a T.C.L., unha veciña desta mesma cidade de 60 anos de idade que desaparecera o pasado 10 de marzo.

Costa en Doniños
Costa en Doniños | Fonte: Sandra Salerno Mahugo Pixabay

Nesta zona de costa ferrolá foron localizados varios dos seus obxectos persoais, o que motivou que durante varios días se despregasen polo lugar efectivos de emerxencias para tratar de localizala, nun dispositivo no que participou Salvamento Marítimo, Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros de Ferrol, ademais de Protección Civil, familiares e amigos da muller.

Xusto un mes despois da desaparición, nas últimas horas deste mércores, 10 de abril, recibíronse os resultados periciais complementarios á autopsia que se lle practicou ao cadáver na tarde de pasado domingo no Hospital Naval de Ferrol.

Foi entón cando se lle trasladou á familia a súa identidade para entregarlles os restos mortais, que permanecían nunha cámara frigorífica do Tanatorio do Hospital Xeral desde o día do seu rescate.

Os restos mortais foron levados ao Tanantorio San Lorenzo, situado en Catabois, en Ferrol, onde foron incinerados no mediodía deste xoves.

Temas: MORTE FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta