Así será a nova reforma de tres edificios da Xunta na que se gastarán case 30 millóns

Estas actuacións centraranse no chamado Edificio da Pirámide, que une as dúas estructuras do antigo edificio, e no coñecido como Edificio dos Espellos.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Xunta completará a reforma do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, cunha remodelación do interior e melloras enerxéticas, nunha renovación á que destinará ata un máximo de 29 millóns de euros.

Para iso, o Goberno galego convocará un concurso de ideas, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galcia, para elixir o mellor proxecto. O gañador será o encargado de redactar o proxecto e dirixir a obra, a través dun contrato de 860.000 euros. Tamén recibirán premios os que queden en segundo e terceiro lugar, así como o tres accésits.

Consello.- O CSIC trasladará o Instituto de Ciencias do Patrimonio ao novo Edificio Fontán da Cidade da Cultura. XUNTA
Consello.- O CSIC trasladará o Instituto de Ciencias do Patrimonio ao novo Edificio Fontán da Cidade da Cultura. XUNTA | Fonte: Europa Press

Estas actuacións centraranse no chamado Edificio da Pirámide, que une as dúas estructuras do antigo edificio, e no coñecido como Edificio dos Espellos. "O que tentamos é ser o máis eficientes posible", dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que lembrou que practicamente" non se fixeron obras de mantemento de San Caetano, xa que non se realizaron en época de "vacas fracas" polo que nos últimos anos faise "o imprescindible".

Así, primarase a accesibilidade, o aproveitamento de iluminación natural, a habilitación de espazos externos que faciliten a interacción e un bo sistema de arquivo. Nesta actuación inclúese a mellora da envolvente térmica dun dos edificios nos que non se actuase na última reforma, cun investimento neste caso de cinco millóns de euros.

Desde 2016 instalouse un sistema de calefacción central, alimentado con biomasa, á vez que se renovou a fachada e xanelas, entre outras actuacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta