Temas: INDITEX

O conflito entre a axencia de viaxes Zara Tanzania Adventures e Inditex avívase no Tribunal de Xustiza da UE

O Tribunal anulou unha decisión da Oficina de Propiedade Intelectual que permitiu o rexistro de marca europea da empresa de viaxes de aventura.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea anulou este xoves unha decisión da Oficina de Propiedade Intelectual da UE (EUIPO) que permitiu o rexistro de marca europea da empresa 'Zara Tanzania Adventures' para servizos de viaxes, turismo e axencias de viaxe, a pesar da oposición do grupo galego Inditex, o que obrigará á axencia europea a examinar de novo o caso.

Zara Tanzania Adventures.
Zara Tanzania Adventures.

O caso remóntase a abril de 2009, cando Zainab e Roger Ansell solicitaron o rexistro como marca europea de 'Zara Tanzania Adventures' para entre outros, servizos de viaxe e turismo, de axencia de viaxes, de organización de vacacións e safaris, transporte de viaxeiros e aluguer de vehículos, educación e formación sobre os animais salvaxes.

Inditex opúxose ao rexistro ao considerar que existía risco de confusión para o cliente coa súa marca Zara e iniciouse un longo proceso de recursos que concluíu coa decisión de EUIPO de xullo de 2017 de desestimar o recurso de Inditex e aceptou o rexistro da marca de viaxes para servizos de turismo e axencias para a reserva de aloxamentos.

O grupo téxtil elevou o caso ao Tribunal con sede en Luxemburgo, que na súa sentenza deste xoves anulou a decisión da oficina de propiedade intelectual da UE e obriga examinar de novo o caso para un novo fallo.

Inditex alegou que a análise global das condicións necesarias para acordar maior protección a unha marca anterior que goce dun gran renome non era conforme coa lexislación europea.

Na súa decisión, o TUE considera que a EUIPO non levou a cabo unha "apreciación global do risco de aproveitamento indebido" do carácter distintivo ou do renome das marcas anteriores de Inditex, posto que ao examinar as alegacións do grupo non tivo en conta a "intensidade" do renome das marcas anteriores, nin o grao do seu carácter distintivo.

Temas: INDITEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta