En Común Unidas Podemos: "Un futuro goberno progresista depende dos resultados de Galicia"

Yolanda Díaz fixa como "retos" da campaña recentemente iniciada "falar dos problemas da xente", entre os que sitúa "o paro, a precaridad, a desigualdade e a corrupción".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 12/04/2019 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

En Común Unidas Podemos iniciou a carreira cara ás eleccións xerais na medianoite deste venres en Vigo, onde os cabeza de lista polas catro provincias reivindicaron que "un futuro goberno progresista depende dos resultados" das urnas galegas.

Así o resaltou o número un por Pontevedra, a ferrolá Yolanda Díaz, quen subliñou que "un goberno progresista ao servizo da xente e das maiorías pasa porque En Común Unidas Podemos teña un resultado que coloque a Galicia no Estado para ser determinante para o próximo Goberno".

Acompañada pola cabeza de lista por Ourense --Ledicia Piñeiro--, Lugo --Vanessa Somoza--, e A Coruña --Antón Gómez-Reino--; Yolanda Díaz desafiou á número un por Pontevedra do Partido Popular, Ana Pastor, a manter un debate electoral "centrado en Galicia" aberto á participación de máis candidatos do resto de forzas políticas.

Díaz fixa como "retos" da campaña recentemente iniciada "falar dos problemas da xente", entre os que sitúa "o paro, a precaridade, a desigualdade e a corrupción". "Temos que derrogar a reforma laboral e loitar contra a precariedade, temos que crear emprego e darlle protección aos desempregados, avanzar na igualdade retributiva. A xente está farta da corrupción, hai que acabar coas portas giratorias. Temos que garantir a Lei de dependencia, a sanidade e a educación", incidiu Díaz.

PEGADA EN PORTA DO SOL

Así as cousas, a coalición de Esquerda Unida, Podemos e Equo elixiu a cidade olívica para iniciar a campaña electoral, mentres que os seus exsocios, a En Marea de Luís Villares, optaba por Santiago de Compostela.

Na viguesa Porta do Sol, os candidatos Díaz e Gómez-Reino, que no últimos tres anos representaron as siglas En Marea contra as que agora compiten electoralmente, coincidiron en instar o Partido Socialista a aclarar que na súa folla de ruta non entra un pacto de goberno con Cidadáns. "Esta incerteza de darlle o voto ao PSOE para gobernar con Cidadáns é dicir que haberá un goberno de dereitas, como xa insinuou (José Luís) Ábalos", remarcou o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino.

Yolanda Díaz, portavoz rotatoria de En Marea no Congreso, en declaracións a. EN MAREA - Arquivo
Yolanda Díaz, portavoz rotatoria de En Marea no Congreso, en declaracións a. EN MAREA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Dalle que libras

Que miragre non saír con Toné na foto

2 Gamela

Son tan inútiles que nin siquera denuncian ante a Xunta Electoral os banners publiciatarios do Concello de Vigo ofrecendo axudas de emerxencia ata o 8 de maio... ! http://xornaldevigo.gal/en-profundi... Que triste é vivir en Abel City !!!

1 Gamela

En resumo: pegan catro carteis e van tomar un par de gin-tonics ao Cosmos coma sempre? Rubén Pérez & Cía. https://flic.kr/p/2cQ4ewW Lástima de bois... (pero estes traballar non saben como se fai...)