Compostela Aberta e Marea Atlántica desmárcanse de Anova, Podemos e Esquerda Unida

Acordaron desligarse da marca paraugas SON En Común de cara ás eleccións municipais. Marea de Vigo e Ferrol en Común si se presentarán coa marca instrumental, que chegará a uns 50 municipios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/04/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Compostela Aberta e Marea Atlántica, as candidaturas municipalistas que aspiran a revalidar os gobernos de Santiago e A Coruña o próximo 26 de maio, acordaron desligarse da marca paraugas acordada polas direccións de Anova, Esquerda Unida e Podemos Galicia; polo que as mareas de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro non se presentarán ás eleccións municipais baixo a candidatura instrumental SON En Común.

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro xuntos na Coruña.. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo
Martiño Noriega e Xulio Ferreiro xuntos na Coruña.. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así o trasladaron  fontes das direccións dos partidos que subscriben o acordo, que ten por obxectivo sumar votos a través de márcaa paraugas Son En Común de cara a gañar representación nas deputacións provinciais. Con todo, as mareas de Santiago e A Coruña decidiron rexeitar esta marca como xa ocorreu no ano 2015, cando tanto Compostela Aberta como Marea Atlántica non acudiron á cita coas urnas baixo a marca SON, pactada por Anova e EU.

Agora, esta marca paraugas amplíase coa participación de Podemos, que se presenta por primeira vez ás eleccións municipais. Así as cousas, segundo sinalaron a Europa Press fontes do partido morado, "entre 40 e 50" candidaturas municipalistas acóllense ao acordo de coalición, que presenta "particularidades adaptadas" a cada concello.

Por exemplo, no Concello de Teo (A Coruña), a candidatura, articulada como partido, estará maioritariamente integrada por membros de Anova, organización nacionalista que goberna o municipio limítrofe coa capital galega e na que foi alcalde, antes de dar o salto a Santiago, o actual rexedor compostelán, Martiño Noriega, de Compostela Aberta.

MAREA DE VIGO E FERROL EN COMÚN

Marea de Vigo e Ferrol en Común --que goberna a cidade naval desde 2015-- si aceptaron concorrer baixo o paraugas SON En Común, que supón a continuación da coalición de EU e Podemos para as xerais, ás que non se presenta Anova tras fracasar as negociacións  Mentres na marea viguesa si se integran Anova, EU e Podemos, non ocorre o mesmo en Ferrol en Común, xa que o partido morado decidiu non presentarse ás municipais por desconformidade cos postos que ofrecía Jorge Suárez para a integración dos seus candidatos.

Por tanto, o próximo 26 de maio volverán confrontar nas urnas os proxectos xurdidos tras a división de En Marea, escenificada nas eleccións xerais do 28 de abril. Por unha banda, as candidaturas municipalistas que se aliñan co partido instrumental de Luís Villares --como Marea de Ferrol, Ourense Mellor ou Marea de Pontevedra-- e, en fronte, os que se sitúan ao lado de EU, Anova e Podemos --como Marea de Vigo ou Ferrol en Común--. Con todo, o mapa da chamada esquerda rupturista diversificouse máis que en 2015, a pesar de que un dos obxectivos fixados fai catro anos eran minimizar a existencia de varias candidaturas municipalistas dentro dun mesmo concello.

LUGO, PONTEVEDRA E OURENSE

É o caso de Lugo, onde, a falta de confirmación, podería haber tres candidaturas diferentes: a de Podemos, encabezada por 'Josito' Pérez, a de Esquerda Unida con Carlos Portomeñe como referencia e Lugonovo, marea afín á En Marea de Villares. Pola súa banda, Anova decidiría non presentar candidatura na capital lucense.

Similar é a situación en Ourense, onde tamén se dá por feito que haberá tres candidaturas diferentes xurdidas do universo da chamada 'unidade popular': Ourense en Común, encabezada por Martiño Xosé Vázquez co respaldo de Anova; Ourense Mellor, afín a En Marea, e a candidatura na que traballan Podemos e Esquerda Unida, aínda sen pechar.

En Pontevedra tamén haberá dúas candidaturas do mesmo espazo político. Marea de Pontevedra, con Luís Rei como alcaldable e co respaldo da dirección do partido instrumental, competirá nas urnas coa lista de Podemos e EU, que aínda negocian con Anova a poucas horas do peche o prazo para rexistrar coalicións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 O que non ve a misa na TVG

Hola. Son de esquerdas e vivo na Coruña. Agradeceria que nos deixárades de botar lixo encima para tentar axudar a Villares tentando crear unha falsa dicotomiía na esquerda -dunha maneira que xa roza o patético- siemplemente para axudar ao voso amigo tentando estirar unha fracasada imaxe de victima. Os "logros" das tácticas da vella/nova dirección Villarista de En Marea xa se están a intuir, e non se dirá que é porque lles faga nada ningúen desde esas cidades, porque non hai declaración algunha en contra. Simplemente deixadenos en paz na nosa cidade, aquí temos algunha responsabilidade maior que estar quentando o escano da oposición e xogando a xogo de cromos ¿é tan difícil de entender? Gracias

6 O que queda do BNG

Segundo esta enquisa http://www.galiciaconfidencial.com/... hai un 60% de posibilidades de que os comentarios negativos desta entrada sexan de hooligans do BNG. Quen o podería imaxinar?

5 Gamela

Mentres andan arranxando as listas outros criminalizan a pobreza / Abel anuncia a bombo e platillo axudas de emerxencia con banners en tódolos medios / estamos ante unha operación limpeza en liña coa aporofobia de Abel Caballero nos dous últimos anos da Acampada contra a Pobreza en Vigo! (no vaia ser que o día das eleccións a xente antes de votar pense que fan os acampados ás portas do Concello! Os medios de comunicación subvencionados por alcaldía facendo o traballo sucio! https://www.noticiasvigo.es/desment...

4 Roxalia

Son En Común? Esa é a marca para as municipais? Perfecto, xa sei a quen votar no meu concello: á candidatura que leve a marca Son En Común.

3 Pérez Chesi

Outro éxito dos fontaneiros do Gurugú

1 Carbón

A rúa das Candelorias na Coruña sempre foi un laboratorio de xornalistas e políticos