Trafico ten previstos máis de 1,5 millóns de desprazamentos por estrada en Galicia durante a Semana Santa

No marco deste operativo, desde a Agrupación de Tráfico da Garda Civil despregaranse 600 efectivos que intensificarán os controis de velocidade e de alcol e drogas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2019 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé máis de 1,5 millóns de desprazamentos por estrada en Galicia durante a Semana Santa deste 2019, un período no que despregarán na Comunidade galega 600 efectivos que intensificarán os controis de velocidade, alcol e drogas.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presentou este venres a 'Operación Especial de Tráfico' para a Semana Santa en Galicia, acompañado pola coordinadora da DXT en Galicia, Vitoria Gómez, e o xefe do sector de Tráfico da Garda Civil, Francisco Javier Molano. A operación especial, segundo informa laDelegación do Goberno, desenvolverase en dúas fases. A primeira comezou ás 15,00 horas deste venres e finalizará ás 24,00 horas do domingo 14 de abril. Para esta primeira fase, Tráfico prevé 434.000 desprazamentos en Galicia.

A segunda fase, na que se prevén 910.000 desprazamentos en Galicia, comezará o mércores 17 de abril e finalizará o domingo 21 nas provincias da Coruña (fóra de Padrón), Lugo e Ourense, mentres que en Pontevedra darase por pechada o luns 22 de abril. No marco deste operativo, desde a Agrupación de Tráfico da Garda Civil despregaranse 600 efectivos que intensificarán os controis de velocidade e de alcol e drogas.

Javier Losada lembrou que na campaña de Semana Santa do ano 2018 rexistráronse tres vítimas mortais nas estradas galegas. Ante esta realidade, apelou a seguir as indicacións dos axentes de Tráfico e a preparar a viaxe antes da saída, consultando as predicións de mobilidade e do tempo e revisando o estado do vehículo.

ACCIDENTES

Tamén lembrou que as distraccións e o exceso de velocidade son as principais causas dos accidentes rexistrados en Galicia no que vai de ano. Lamentou que desde xaneiro perdesen a vida nas estradas galegas un total de 27 persoas, nove máis que nas mesmas datas do ano pasado, unha cifra "inasumible" que "non podemos permitir".

Ante as pantallas do Centro de Xestión, o delegado do Goberno lembrou que esta operación é unha das máis conflitivas do ano, pola multitude de desprazamentos que se producen nun curto espazo de tempo, con orixes e destinos similares e realizados nos mesmos días e horas. Javier Losada chamou aos galegos "a actuar con responsabilidade e prudencia" nos desprazamentos chamados "curtos", en vías convencionais e secundarias, de seu con maior risco engadido e onde a familiaridade convida a un exceso de confianza dos condutores

S.Santa.- Trafico prevé máis de 1,5 millóns de desprazamentos por estrada en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
S.Santa.- Trafico prevé máis de 1,5 millóns de desprazamentos por estrada en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta