Denuncian falta de persoal en equipos de valoración de discapacidade en Pontevedra e esperas de máis de dous anos

Instan á conselleira de Política Social que reforce con equipos novos e permanentes á xefatura de Pontevedra. Ademais da sobrecarga de traballo que padecen, sinalan o "o prexuízo que se lles causa aos usuarios".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2019 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

Os traballadores dos Equipos de Valoración e Orientación (EVO) da xefatura territorial de Política Social en Pontevedra concentráronse este venres para denunciar a mala xestión do persoal deste organismo, que provoca esperas de máis de dous anos para o recoñecemento aos usuarios do seu grao de discapacidade.

Tras unha acumulación de tarefas que se estendeu ao longo de nove meses, os traballadores lograron reducir a espera de tres a dous anos, cun total de seis equipos de apoio que estiveron estiveron a traballar en Pontevedra ata o pasado mes de febreiro. Con todo, desde entón, pasaron a ser tres equipos estables, polo que temen que isto provoque de novo un incremento nos tempos de espera.

Unha das portavoces deste colectivo, Araceli Branco, explicou que "esa reiterada contratación de persoal" por acumulación de tarefas "deixa claro que hai un insuficiente persoal" polo que reivindican un incremento do persoal que pase por crear novos equipos e "non unha contratación externa de profesionais. Por este motivo, instan á conselleira de Política Social, Fabiola García, a que reforce con equipos novos e permanentes á xefatura de Pontevedra. Ademais da sobrecarga de traballo que padecen, estes traballadores advertiron do "o prexuízo que se lles causa aos usuarios".

ENCONTROS

Os traballadores contan co apoio dos sindicatos e das formacións políticas da oposición a nivel autonómico. Así, mantiveron encontros coa deputada do PSdeG, Patricia Vilán, de En Marea, Paula Quinteiro e do BNG, Luís Bará, que participou este venres na concentración ante a delegación de Sanidade.

Luís Bará anunciou que o Bloque demandará unha "solución estrutural" á Xunta a través dunha serie de iniciativas parlamentarias que presentará a próxima semana. Os nacionalistas pedirán á conselleira "unha solución definitiva e non un parche, parcial e incompleto" que, ao seu xuízo, "non resolve o problema de fondo" que ten unhas "repercusións moi dramáticas na vida da xente", sinalou.

Fabiola García
Fabiola García | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta