Máis de 20.000 persoas para menos de 200 prazas

Son as que se presentan este sábado e domingo aos exames que teñen lugar en Silleda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Máis de 20.000 persoas están chamadas a participar nas oposicións de acceso á Xunta que se celebrarán este fin de semana no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. Unhas opocións para ocupar menos de 200 prazas.

En sábado, celebraranse oposicións para 38 prazas do corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma A1, ás 9,30 horas, mentres que pola tarde será o exame para 53 prazas do corpo auxiliar C2, ás 16.00 horas.

Xa o domingo, a xornada arrincará co exame do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma A2 (30 prazas), mentres que pola tarde será a quenda da categoría de camareiro-limpador/axudante de cociña, con 76 prazas.

Opositores no exame da xunta en Silleda
Opositores no exame da xunta en Silleda | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta