O PSdeG denuncia ante a Xunta Electoral a Xunta e Concello de Ourense por asinar un convenio en campaña

É "un exemplo máis das habituais prácticas ilegais e caciquiis do PP".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE presentou denuncia ante a Xunta Electoral pola firma dun convenio entre o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia este venres, no primeiro día da campaña electoral, por considerar que incumpren a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeneral.

En concreto, os socialistas refírense a un convenio subscrito entre a "conselleira de Política Social, Fabiola García, e o Concello, de cesión duns terreos para a construción dunha residencia de maiores" e inciden en que "casualmente", foi "no primeiro día da campaña electoral".

Desde o PSdeG enténdese que este feito é "un exemplo máis das habituais prácticas ilegais e caciquiis do PP" que prexudican "á imaxe das institucións públicas", posto que a residencia foi "anunciada por primeira vez en febreiro de 2017".

"Vender como un logro este convenio xusto agora, dous anos e dous meses despois e a poucos días da apertura das urnas, é unha mostra evidente do uso indebido das institucións en período electoral", expón a formación nun comunicado.

Os socialistas instan a retirar das canles e medios públicos de difusión "todas as informacións relacionadas co convenio denunciado", e abundan en que se trata dun "xogo sucio do PP baseado no engano propagandístico aos galegos e ourensáns, e na perversión das institucións coas súas redes caciquiis".

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo | Fonte: xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta