Compromiso por Galicia ocupará o terceiro posto na Coalición por unha Europa Solidaria

A organización que estará encabezada por Izaskun Bilbao.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia



Compromiso por Galicia (CxG) ocupará o terceiro posto na lista de Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS), organización que estará encabezada por Izaskun Bilbao, actual eurodeputada, mentres que no segundo posto irá o candidato de Coalición Canaria.

Así, Juan Carlos Piñeiro, actual secretario xeral de CxG, foi escollido nas primarias do partido para encabezar a lista dos galeguistas para as eleccións europeas de maio.

"Necesitamos estar na institución que máis inflúe realmente na economía e nos sectores produtivos galegos", asegurou CxG nun comunicado.

Neste sentido, Piñeiro destacou que CxG "vai cambiar a forma que ata agora tivo Galicia de influenciar en Europa" que, ao seu xuízo, "foi ningunha". "PP e PSOE nunca fixeron política galega en Bruxelas e as Mareas e o BNG non teñen ningunha fe no proxecto europeísta", lamentou.

Segundo indicou CxG, a organización política levou na pasada lexislatura máis de 80 iniciativas da sociedade galega a Bruxelas a través da súa eurodeputada Izaskun Bilbao.

"Traballaremos nunha candidatura espello da sociedade e cos pés na terra. Chamamos tamén á participación dos galegos do resto do estado porque poden optar por unha forza galeguista sen ideas constantes de independencia e con socios solventes", sentenciou CxG.

Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Chonsquián

Os ultraliberais falando de solidariedade... Deixando a unha banda que de galeguismo andan moooi xustos (Juan, Galicia...), que os seus socios son as burguesías predadoras e insolidadrias, que son 4 gatos en Galiza e que o seu discurso é un rexionalismo de segunda, CxG faría mellor ofertándose ao Likud israelí (non descarto que xa teñan vencellos...).

1 Bernal Calvo Delaciga

É tan galeguista que se chama Juan.