Buscan a dous homes desaparecidos, un en Ortigueira, de 40 anos, e outro en Baiona de 18

Os dous desapareceron este pasado venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

Dous homes permanecen desaparecidos desde o pasado venres; un en Ortigueira e outro en Baiona. O veciño de Ortigueira, José Enrique Fernández, de 40 anos de idade, e domiciliado neste domicilio vestía un pantalón gris e unha sudadera verde co nome "Espazo Xardín", empresa da que é un dos seus socios.

A alerta publicouna a plataforma "SOS Desaparecidos" e traslada que o home mide 1,68 metros, ten a cabeza rapada, ollos castaños, nariz aguileña e unha tatuaxe no brazo dereito. Calquera persoa que poida achegar algún dato sobre o seu paradoiro pódese pór en contacto telefónico co 112 ou tamén coa Garda Civil, no 062.

Buscan a un veciño de Ortigueira (A Coruña), de 40 anos, desaparecido desde este venres. SOS DESAPARECIDOS
Buscan a un veciño de Ortigueira (A Coruña), de 40 anos, desaparecido desde este venres. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Por outra banda, e tal e como publica Xornal de Vigo, a Garda Civil busca a un rapaz de 18 anos que despareceu tamén do seu domicilio desde este venres. O mozo é, ademais, autista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta