Investigan o primeiro accidente en Galicia dun coche autopilotado de Tesla

Investigan se un accidente en Poio foi provocado por un erro na conducción automática.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A Policía Local da localidade pontevedresa de Poio está a investigar se un accidente no que estivo implicado un coche da firma estadounidense Tesla foi provocado polo modo autónomo do devandito vehículo.

Tal como informaron fontes da Policía Local a Europa Press, o suceso de produciu ao redor do mediodía deste sábado na estrada PO-308 dirección Pontevedra.

Un Tesla Model 3 saíuse da vía e implicou no sinistro a outro vehículo, provocando ademais dous feridos leves, que xa se atopan nas súas casas.

Segundo as mesmas fontes consultadas por Europa Press, a propietaria do coche eléctrico manifestou tras o golpe que o vehículo estaba autopilotado no momento do accidente, mentres que este domingo cambiou a súa versión e informou aos axentes que o sinistro se debeu a un erro humano.

A Policía Local investiga o ocorrido e non descarta pedir á multinacional que estude o modelo implicado no sinistro.

Coche autopilatado
Coche autopilatado | Fonte: autopista.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Tan ga do

Unha escopeta de feira e nas estradas galegas peor aínda (mal pintadas). A responsabilidade en todo caso é do condutor pois Tesla ten afirmado e reafirmado que o autopilot non é un coche autónomo.

1 6 pontos baratobarato

que lhe fagham o couso de mirar a ver se o carro ía droghado, a proba que dae positivo de marihuana por fumar o dia anterior, ou hai tres dias.