Investigan un certificado da Deputación de Ourense dentro da causa por falsidade documental ao alcalde de Boborás

Os denunciantes recorreron ao ter coñecemento de que había un informe pericial sobre a proba caligráfica, o cal non fora remitido no seu momento ás partes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O Xulgado de instrución número 3 de Ourense investigará sobre as "contradicións" relativas á orixe dun certificado enviado a outro xulgado de Carballiño e que se usou na causa aberta por falsidade documental contra o alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño. Actualmente hai dous procesos xudiciais abertos derivados da certificación da casa que construíu o alcalde de Boborás, no núcleo da Almuzara.

Así, por unha banda, o xulgado de instrución número 1 do Carballiño investiga se se falsificou a certificación desta vivenda construída sen licenza e en chan non apto para este tipo de uso, un proceso que se chegou a arquivar a causa a finais de 2017. A vivenda construíuse en 2010, pero o certificado remite a dez anos antes.

Con todo, os denunciantes recorreron ao ter coñecemento de que había un informe pericial sobre a proba caligráfica, o cal non fora remitido no seu momento ás partes. En xaneiro de 2018, transcendeu o informe pericial da Garda Civil, unha proba caligráfica que atribuía ao alcalde de Boborás a redacción do escrito de certificación da casa.

Ante esta situación, a causa reabriuse e continúa á espera de que a xuíza tome declaración a tres testemuñas propostas pola defensa de Cipriano Caamaño e que están relacionados coa empresa CEM Cartografía. Esta empresa, coa que contratou en 2006 a Deputación, sería a encargada do catastro.

SEGUNDA CAUSA ABERTA

Pero precisamente a segunda causa xudicial aberta ten que ver co contrato da Deputación ourensá con esta empresa. O Xulgado de Instrución número 3 quere aclarar as "contradicións" sobre a certificación, xa que a Deputación de Ourense informou --na causa anterior-- de que se fixo por parte de CEM.

No entanto, un documento achegado pola denunciante á causa --e con selo do ente provincial-- revelaría que a empresa xa non traballaba entón (en 2010) co órgano presidido naquel momento por José Manuel Baltar Pumar, pai do actual dirixente provincial.

Na súa denuncia, a particular que puxo estes feitos en coñecemento da xustiza fai "constar" que nos anos 2010 e 2011 a entidade CEM "non era a encargada de realizar os informes catastrais". Neste sentido, asegura que ela mesma xestionou no ano 2010 o alta catastral dun inmoble do seu pai e foi varias veces á oficina do catastro e o persoal que a atendeu "dixo ser da empresa Servicat".

Ademais, á solicitude que ela presentou ante a Deputación de Ourense de información sobre o contrato do ente provincial, en xullo de 2018 respondéronlle que se asinou un contrato con CEM en outubro de 2006 por dous anos e que sería "susceptible de prórroga por períodos anuais".

Con todo, só figuran dúas propostas de prórroga (en 2009) por parte de funcionarios provinciais, pero nese documento achegado pola denunciante á causa xudicial e con selo da Deputación de Ourense conclúese que "non consta resolución ou acordo expreso da prórroga do contrato", que finalizaría ao acabar os dous anos que si figuran.

PETICIÓNS DO FISCAL E XULGADO

Con data do 19 de febreiro deste ano, Fiscalía pediu instou o xulgado a pedir á Deputación de Ourense unha "aclaración sobre as contradicións" e que se requirise á Deputación o documento "acreditativo da prórroga" do contrato con CEM de data do 6 de outubro de 2010. Nunha providencia do 3 de abril de 2019, o Xulgado de instrución número 3 de Ourense fixo estas reclamacións á Deputación, co fin de dilucidar as "contradicións" e reclamou o documento do contrato da prórroga que asegurou que se fixo.

A este respecto, fontes da Deputación de Ourense consultadas por Europa Press confirmaron que a petición do xulgado chegou á sede institucional para preguntar pola relación contractual con CEM Cartografía, "información que se facilitará" ás instancias xudiciais pertinentes. Doutra banda, nesa mesma providencia, o xulgado declarou complexa a causa ante a imposibilidade de resolvelo no seis meses recolleitos na lei de enjuicimiamiento criminal.

Tribunal
Tribunal | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta