Publicado o texto para regular o Consello Técnico de Atención Primaria e fixa 15 días para achegas

Neste Consello estarán representados os colexios profesionais do ámbito sanitario, as sociedades científicas, as organizacións sindicais, asociacións, entidades locais e os usuarios, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade publicou este luns no portal de transparencia da Xunta o texto mediante o que se "crea e regula" o Consello Técnico de Atención Primaria. A proposta de redacción conta cun período de 15 días para facer achegas ao mesmo.

Sanidade destaca, nun comunicado, que o documento atende á composición, funcionamento e organización do Consello Técnico de Atención Primaria, como acordara "coas organizacións sindicais" nunha reunión o pasado 8 de abril, tras o proceso iniciado pola Consellería, lembra, "para pór en marcha un novo modelo do primeiro nivel asistencial".

Neste Consello, indica Sanidade, estarán representados os colexios profesionais do ámbito sanitario, as sociedades científicas, as organizacións sindicais, asociacións, entidades locais e os usuarios, entre outros.

O departamento sanitario autonómico resalta que é "necesaria" a creación deste Consello que, cun carácter permanente, realice "funcións en relación con aspectos científicos, sociais e profesionais no ámbito da Atención Primaria", desde unha "visión multidisciplinar", que se reflicta na súa composición e que "poida aconsellar e tratar" os programas e medidas a desenvolver neste proceso.

FUNCIÓNS

A proposta inclúe entre as funcións do Consello Técnico de Atención Primaria e análise e avaliación das necesidades de recursos humanos no ámbito da primaria; a análise da mellora da súa capacidade resolutiva e da carteira de servizos; das liñas de xestión de procesos asistenciais deste nivel asistencial e das propostas de mellora das relacións de primaria coa Atención Hospitalaria.

A elas súmanse funcións como o estudo e análise de propostas de nova organización da xestión do primeiro nivel asistencial. Tamén analizará as liñas de xestión de procesos asistenciais de primaria e de propostas de mellora das relacións entre primaria e hospitalaria.

Así mesmo, encargarase do estudo e análise de propostas de nova organización da xestión de primaria; da presentación de propostas de mellora dos servizos do Sergas; de estudar e emitir informes sobre plans, programas ou proxectos e, ademais, da análise e avaliación das necesidades e recursos humanos.

O Consello Técnicos de Atención Primaria estará formado por un "máximo de 45 persoas" de "recoñecido prestixio, recoñecemento social e traxectoria profesional acreditada no ámbito sanitario". O nomeamento das persoas membro do Consello terá unha duración de tres anos e procurarase unha "composición paritaria entre home e mulleres", puntualiza Sanidade. Segundo indícase na proposta de redacción da orde, o pleno do Consello reunirase polo menos dúas veces ao ano, ou a requirimento da presidencia ou dun terzo dos seus membros.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. RADIO GALEGA
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. RADIO GALEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta