Luis Villares reclama un plan industrial centrado nas enerxías renovables para As Pontes

"Asegurar a formación e a reciclaxe dos traballadores, non só dos que están en activo, senón que tamén daqueles mozos que non se incorporaron a fábrica", di Villares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de En Marea, Luís Villares, reclamou un plan industrial para a comarca das Pontes, na provincia da Coruña para desenvolver un sector "que teñen futuro, como é o das enerxías renovables", para paliar "o fin de ciclo" de plantas como a de Meirama e lograr "unha transición enerxética xusta".

"Evitar a emigración, e non agardar para iso ao ano 2035, tense que producir xa", manifestou tras manter un encontro cos integrantes do comité de empresa de Endesa nesta localidade. Villares lembrou que, desde o ano 2012, o PP mantivo "paralizados" os Fondos Miner, polo falta un investimento duns "54 millóns de euros" que "nunca chegaron". Por iso, reclamou que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o ano 2020 "se cumpra e se execute" este montante para poder actuar en dúas liñas complementarias.

"Asegurar a formación e a reciclaxe dos traballadores, non só dos que están en activo, senón que tamén daqueles mozos que non se incorporaron a fábrica", sinalou, co fin de que estes profesionais poidan "incorporarse a outras tarefas, como as vinculadas ás enerxías limpas".

Ademais, Villares considerou como "profundamente inxusto" que aqueles traballadores que están xa prexubilados ou xubilados e que "axudaron a subir á empresa no seu momento" estean agora "sufrindo unha desprotección social" como consecuencia das reformas laborais do PP e do PSOE "A falta de ultraactividade dos convenios colectivos de lugar a esta desprotección e xente que xa está xubilada, cunhas expectativas vitais, agora as vexa truncadas simplemente para que a empresa aumente os seus beneficios".

"METERLLE A MAN NO PETO AOS TRABALLADORES"

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Endesa nas Pontes, Luís Varela, denunciou que levan negociando un convenio colectivo durante "18 meses" e que a empresa, "grazas á reforma laboral, e polo seu interese, deixou decaer e aproveitar para poder meterlle a man no peto a todos os traballadores en activo e sobre todo aos extrabajadores, que gozaban da protección dun convenio que se deixou decaer". O representante sindical tamén reclamou "un proxecto de futuro, co apoio dos partidos políticos e as empresas".

FERROL (Villares Endesa)
FERROL (Villares Endesa) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta