A Xunta financiará a compra de locais do clan dos Charlines para a súa rehabilitación

Serán para usos do Concello de Vilanova.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia financiará o 80% da compra de dous locais das Sinas, en Vilanova de Arousa (Pontevedra), incautados no seu día aos Charlines e que serán destinados por parte do concello desta localidade a usos municipais, entre eles de carácter ambiental.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este luns estes dous locais en compañía do delegado da Xunta na provincia, José Manuel Cores Tourís, e da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, para coñecer o seu estado e localización.

Ambos os baixos, de 600 e 262 metros cadrados, son propiedade da Axencia Tributaria, tras ser comisados por orde da Audiencia Nacional, que xa aprobou a oferta de compra do concello de Vilanova.

Segundo o convenio que anunciou este luns Alfonso Rueda, a Xunta achegará para a compra destes recintos o 80% do custo total, o que supón 87.100 euros, mentres que o concello custeará o 20% restante. Entre outros usos municipais, o principal destino ao que irán será para cuestións relacionadas co medio ambiente, albergando a Brigada Verde.

A Xunta financiará o 80% da compra de dous locais incautados aos Charlines. XUNTA
A Xunta financiará o 80% da compra de dous locais incautados aos Charlines. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta