O Consello da Cultura Galega inaugura en Nova York a exposición 'As benvidas' este martes

A exposición serve de contrapunto da mostra 'Os adeuses', que o CCG inaugurou en febreiro e que acaba de ser incluída na programación da Semana do Patrimonio Inmigrante que organiza o goberno da cidade de Nova York.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

'As benvidas' é o título da nova exposición que o Consello da Cultura Galega inaugura este martes na sociedade neoiorquina 'A Nacional. The Spanish benevolent', unha mostra que documenta as emocións controvertidas das chegadas de emigrantes españois a Estados Unidos a través dos arquivos familiares dos seus descendentes.

A cita contará coa presenza de María Xosé Porteiro, membro da Comisión Executiva do CCG; do cónsul para asuntos culturais, Juan José Herrera, e dos comisarios da mostra, James D. Fernández e Luís Argeo.

A exposición serve de contrapunto da mostra 'Os adeuses', que o CCG inaugurou en febreiro e que acaba de ser incluída na programación da Semana do Patrimonio Inmigrante que organiza o goberno da cidade de Nova York.

'As Benvidas' é unha mostra de pequeno tamaño comisariada por James D. Fernández e Luís Argeo que sumariza un traballo de case dez anos de dixitalización dos arquivos familiares dos descendentes españois en EE. UU. Nela inclúen fotografías, documentos persoais e materiais que contribúen a perfilar a mestura de sentimentos atopados dos emigrantes no momento da chegada aos Estados Unidos.

A mostra está dividida en cinco apartados: 'Non deixes de buscar ao tío Andrés, que xa sabe que chegas...', 'Lembra: o traballo e a economía, a maior lotaría...'; 'Apoiádevos os uns aos outros...', 'Non nos esquezas' e 'Volverás?'.

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega | Fonte: culturagalega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta