O BNG sinala o "empeño en esparcir o terror" do PP comparándoos con personaxes de Xogo de Tronos

Ana Pontón proclamou que o BNG está en remontada e será decisivo nun Congreso sen maioría absoluta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo un chamamento a votar con "esperanza" fronte ao PP, ao que compara cos "camiñantes brancos" da serie Xogo de Tronos --cuxa última tempada se estreou este luns--, "con ese empeño en esparcir o terror alí por onde pasan". Así se pronunciou nun mitin en Carballo (A Coruña), no que mostrou o seu "orgullo" polo traballo realizado neste municipio polo alcalde nacionalista, Evencio Ferrero.

Neste acto, Pontón proclamou que o BNG está en remontada e será decisivo nun Congreso sen maioría absoluta. "Cun BNG decisivo en Madrid imos tirar abaixo moitos muros", afirma en relación a cuestións como a AP-9, a tarifa eléctrica galega e a situación de empresas como Alcoa. Neste sentido, a portavoz nacionalista identifica unha "corrente de simpatía" a favor do Bloque de moitos galegos "decepcionados" coa discriminación das forzas estatais.

PIDE MENOS MINISTERIO DE FAMILIA E MÁIS POLÍTICAS CONTRA EMIGRACIÓN

Por iso, chama a "deixarse de franquías" como as que representa Feijóo en Galicia, ao seu xuízo, do PP de Pablo Casado. Afea ao líder dos populares que veña á Comunidade: "A dicirnos que a solución para o problema demográfico de Galicia é un Ministerio de Familia".

"A solución non pasa por unha proposta carca e rancia, fracasada e máis propia do século pasado, senón por frear a sangría da emigración e crear as condicións para que retornen os 150.00 mozos que colleron as maletas no dez anos do Goberno do PP".

Ana Pontón con candidatos do BNG
Ana Pontón con candidatos do BNG | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

A familia é unha cousa rancia e carca para esta xentiña...Deberon nacer de pai e nai descoñecidos