CC.OO. pide un "cambio de actitude" para "desbloquear" a negociación do convenio da sanidade privada na Coruña

Critica á representación empresarial e á CIG e UGT que "non están á altura das circunstancias".

Por E.P. | A CORUÑA | 16/04/2019 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) pide un "cambio de actitude" dos "demais axentes" que interveñen na negociación do convenio de establecementos de hospitalización e consulta da sanidade privada na provincia da Coruña.

Segundo informa Comisións Obreiras nun comunicado, "só CC.OO. presentou propostas reais para a mellora das condicións de traballo e o incremento dos salarios" pois, critica, "CIG e UGT non presentaron plataforma ningunha, mentres que a oferta patronal é claramente insuficiente".

Deste xeito, CC.OO. repróchalles á representación empresarial e aos outros sindicatos que "non están á altura das circunstancias", xa que a súa actitude "está a bloquear as negociacións* do convenio da sanidade privada da provincia".

Comisións insta "especialmente" a UGT e CIG a que "sigan o seu exemplo" e "poñan encima da mesa propostas para revitalizar a negociación", xa que "CC.OO. é o único sindicato que polo momento elaborou unha segunda proposta que responde á irrisoria oferta patronal", conclúe.

Rolda de prensa de CCOO
Rolda de prensa de CCOO | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta