Vigo e A Coruña celebran o Día Lugrís

As dúas cidades con máis habitantes de Galicia acollerán o vindeiro sábado actos simultáneos en homenaxe ao pintor Lugrís.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/12/2011 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

"Unha xornada cívico-bohemia". Así serán as accións que o 17 de decembro terán lugar en Vigo e A Coruña para homenaxear ao pintor Urbano Lugrís. Entre estas accións, "un único manifesto en botella polos camiños do mar a prol da creatividade e da arte galega", que terá lugar no Orzán e no Berbés.

None

Así, na Coruña comezará ás 20.00 horas en varias rúas da cidade un 'Obradoiro submarino', coa decoración de paraugas "lugrisianos" os Xardíns de Méndez Núñez; o 'Camarote Lugrís', na rúa Mantalería, cunha intervención pictórica-musical e unha 'Balada do Porto de os', unha performance musical no café Borrazás.

En Vigo, a xornada comezará ás 11.00 horas cun roteiro que comezará no Marco, dirixido por Carlos L. Bernárdez, e que percorrerá distintos puntos da cidade relacionados coa vida e a obra de Lugrís. Ás 19.00 horas no Verbum haberá unha charla sobre o pintor a cargo de Bernárdez e Antón Patiño e un recital de María Lado, Ledicia Costas e Lara Do Ar. Por outra banda, a Pinacoteca municipal exporá diversas obras do pintor.

"A Coruña e Vigo son a mesma cidade. Así nolo di co seu talento a pintura de Urbano Lugrís. Dous pontóns de amarre no mesmo océano", asegura un dos impulsores da iniciativa, Xurxo Souto

Deste xeito, Percalinópolys e Xouba City --en terminoloxías do propio autor--, estará unidas no recoñecemento ao talento de urbano Lugrís, "o profeta do atlántico", en palabras de Souto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 obrexo

Insisto. Magnífico ! Por fin un encontro Coruña-Vigo en clave de talento, creatividade e alegría. Dende o Orzán, viva o Berbés ! Saúde mestre Lugrís, surrealistas somos nós !

1 Akribéstaton

Muito melhor isto que a pailanada picassiana da Crunha.