'Camiñar é Saúde' a través de 20 rutas verdes en Compostela

A campaña 'Camiñar é Saúde', impulsada polo Concello de Santiago, busca promover e fomentar os hábitos saudables entre a cidadanía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A campaña 'Camiñar é Saúde', impulsada polo Concello de Santiago, busca promover e fomentar os hábitos saudables entre a cidadanía e os veciños da cidade a través das rutas verdes que percorren os parques da capital galega.

En concreto, esta iniciativa baséase na distribución dunha serie de dípticos que inclúen un decálogo sobre os efectos positivos desta práctica a curto e a medio prazo. Entre eles, segundo detallou en rolda de prensa a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, a mellora da circulación do sangue, a redución da tensión, evitar a obesidade e celulitis ou a mellora da vida sexual.

O folleto incluirá tamén un mapa no que se incluirán 20 rutas por espazos de "alto valor patrimonial e natural" de Compostela, onde se poderá "camiñar con seguridade" e "gozar" dos parques e as contornas "verdes e saudables" cos que conta a cidade, como a Alameda, o Parque Eugenio Granell, Vista Alegre, o paseo do Río Sarela, Belvís ou Bonaval, entre outros.

Neste sentido, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, destacou que esta medida "complementa a aposta" realizada por Compostela Aberta fai catro anos por "a recuperación ambiental" de diferentes zonas da cidade, coa que se gañaron "case 12 quilómetros de senllas verdes" polo Sar e o Sarela.

Duro incidiu, ademais, en que Santiago é "das cidades con máis zonas verdes por habitante" non só en Galicia, senón no conxunto do Estado, co consecuente benestar da cidadanía e a "vinculación emocional do territorio", que seguirán "potenciando" en caso de lograr revalidar o mandato durante o próximos catro anos. Finalmente, engadiu Fernández, este decálogo distribuirase polas redes de centros cívicos e por todas aquelas entidades sociais interesadas na actividade física, entre outros.

CRÍTICAS DE BUGALLO

Preguntado polas críticas do candidato socialista, Xosé Sánchez Bugallo, sobre o estado da cidade, Duro respondeu que un dos valores que máis destacan os turistas e visitantes de Santiago "é a súa limpeza" e asegurou que o nivel de reciclaxe "creceu moitísimo" neste catro anos.

Bugallo reprochou a CA que "unha cidade que antes era limpa" agora está "sucia", lamentando que se "amenta" aos veciños dicindo que non se lavan os colectores deteriorados por tratarse dunha concesión de longa duración e que queren cambiar para facela a curto prazo, cando "leva catro anos caducada".

Duro aclarou, respecto diso, que presentarán a próxima semana os novos pregos do novo contrato de recollida de lixo que sacarán a consulta pública, e que substituirá á concesión actual que está prorrogada.

A campaña 'Camiñar é Saúde' promove os hábitos saudables a través de 20 rutas verdes pola cidade de Compostela. SANTIAGO
A campaña 'Camiñar é Saúde' promove os hábitos saudables a través de 20 rutas verdes pola cidade de Compostela. SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta