Os empresarios turísticos galegos prevén que os seus resultados melloren en Semana Santa

O 72,6% do sector pensar que será mellor que a do 2018, segundo o último informe da Alianza para a Excelencia Turística Exceltur.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O 72,6% dos empresarios turísticos galegos prevé que esta semana Santa sexa mellor que a de 2018 en canto aos seus resultados empresariais, segundo o último informe da Alianza para a Excelencia Turística Exceltur.

Segundo destacou a Xunta a través dun comunicado, as previsións de melloría son "xeneralizadas en practicamente toda España", aínda que as expectativas do sector galego superan á media nacional, que se sitúa nun 70,5%. Para esta valoración, os empresarios aluden, entre outros motivos, á tardía celebración da Semana Santa, á positiva evolución das reservas e ao dinamismo esperado en relación á demanda nacional que, segundo as estimacións do sector, levará tamén a un crecemento no emprego.

O informe analiza ademais as perspectivas do sector para a primavera, onde Galicia é un dos destinos mellor situados do conxunto de España. Máis do 85% dos empresarios galegos prevé que aumentarán ou manterán os seus resultados neste segundo trimestre do ano. No conxunto de España, Galicia sitúase como a quinta Comunidade con mellores expectativas no segundo trimestre do ano, por detrás de Castela a Mancha, Castela e León, Estremadura e Cataluña.

Gran Hotel A Toja. - Arquivo
Gran Hotel A Toja. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta