Temas: FRASEOLOXíA

“Provocar # Causar # Levantar ronchas ou comechón”, equivalentes, entre outras, á castelá “levantar ampollas”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 21/04/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

En ocasións, ben de propio intento ou ben sen querer, dicimos ou facemos cousas que a outra xente non lle sentan moi ben e que lle provocan desgusto, desabor, desagrado ou desacougo... Mais se nos expresamos dun xeito metafórico, botando man da fraseoloxía, o que podemos causar son sensacións ou resultados coma as ronchas, a comechón ou o sarabullo. Vexámolo a seguir.

Bocha ou roncha na man
Bocha ou roncha na man | Fonte: EP

Levantar ampollas # ronchas

{= Ocasionar un dito ou un feito gran malestar, desgusto, desabor, desagrado ou desacougo.}

Provocar # Causar # Levantar ronchas && Provocar # Causar # Levantar comechón && Provocar # Causar # Levantar sarabullo

Ex.: Sus comentarios sobre la presunta corrupción política levantaron ampollas incluso dentro de su propio partido.

Os seus comentarios verbo da presunta corrupción política levantaron ronchascausaron comechónprovocaron sarabullo mesmo dentro do seu propio partido.

Tamén:

Levantar # Provocar # Causar espullas && Levantar # Provocar # Causar bochas && Levantar # Provocar # Causar ampolas

NOTAS:

1. Velaquí un sucinto repaso léxico a voces que poden resultar descoñecidas ou dubidosas para algúns lectores (naqueles casos en que tiramos literalmente a definición do Dicionario da Real Academia Galega [DRAG] en liña, sinalámolo):

Roncha (DRAG): substantivo feminino Pequena erupción cutánea branca ou avermellada, producida pola picadura dun insecto, por unha enfermidade etc., que xeralmente causa proído. Saíume unha roncha onde me picou o tabán. Sinóns.: aldroga, broulla. Cando tivo o xarampón, enchéuselle a cara de ronchas. Sinóns.: aldroga, broulla, gran.

Comechón (DRAG): substantivo feminino Pedra da parte superior da boca do forno, en forma de viseira. Tiña comechón nos pés a causa das frieiras. Sinóns.: coceira, comechume, comichón, comicio, rañeira.

Sarabullo (DRAG): substantivo masculino Erupción cutánea de grans e ronchas, xeralmente leve e pasaxeira. Un alimento en mal estado causoume o sarabullo. Sinón.: sarabullazo. [CORRESPÓNDESE CO CASTELÁN SARPULLIDO.]

Espulla (DRAG): substantivo feminino Vulto moi pequeno e benigno que se forma na pel. Unha bruxa cunha espulla no nariz. Sinóns.: burra, espunlla, verruga.

Bocha (DRAG): substantivo feminino Lesión cutánea producida por un levantamento da epiderme, a consecuencia dunha queimadura, un rozamento etc., e que inicialmente contén un líquido seroso. Queimouse cunha viradeira e saíronlle bochas. Sinóns.: ampola, bóchega, bóldrega, boza, flictena, vexiga, vincha, vinchoca.

Ampola (DRAG): substantivo feminino 1. Lesión cutánea producida por un levantamento da epiderme, que contén un líquido seroso. Os zapatos fixéronlle ampolas. Sinóns.: bocha, bóchega, bóldrega, boza, flictena, vexiga, vincha, vinchoca. 2. Pequeno recipiente de vidro ou plástico, hermeticamente pechado, que contén unha dose de determinadas substancias líquidas. Inxeccións en ampolas. Unha ampola de perfume. Unha ampola para o tratamento da caspa. 3. Burbulla de aire ou de gas que se forma nun líquido ou que aparece nunha materia sólida formando unha elevación. O máis característico do vaso eran as ampolas que se podían apreciar na base.

2. As expresións galegas están recolleitas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta