En Marea estima "xusta" a suspensión do debate mentres pide reconsiderar a súa "exclusión" dos medios públicos

Luis Villares reclamou á JEC que reconsidere a decisión de outorgar a En Común Unidas Podemos os dereitos como 'herdeira' da En Marea de 2016.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, cualificou de "xusta" a decisión adoptada pola Xunta Electoral Central (JEC) de reclamar cambios a Atresmedia para o debate electoral previsto para a próxima semana ao considerar que o seu deseño actual é contrario ao principio de proporcionalidade porque a presenza de Vox non está xustificada e debe mellorarse a compensación ás formacións excluídas.

"Consideramos que esa exclusión é xusta porque non hai un testeo electoral do que é Vox e, en cambio, si hai un testeo electoral do que é En Marea. Nestes momentos somos a segunda forza parlamentaria en Galicia e fomos excluídos dos espazos públicos", subliñou Villares a preguntas dos medios antes de participar nun acto este martes en Santiago.

Por iso, o ex-maxistrado lucense reclamou á JEC que reconsidere a decisión de outorgar a En Común Unidas Podemos os dereitos como 'herdeira' da En Marea de 2016, o que implica que a coalición de Podemos e Esquerda Unida goza dos espazos electorais nos medios públicos galegos da terceira forza en Galicia, en virtude dos resultados das últimas xerais.

Ademais, o fallo da JEC tamén implica a consideración de En Marea partido como unha forza política que nunca se presentou ás eleccións, polo que tivo que reunir os avais necesarios para concorrer aos comicios por cada circunscrición provincial.

Luis Villares
Luis Villares | Fonte: En Marea

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Gamela

A segunda forza parlamentaria en Galicia está DESFEITA (grazas ás intrigas dalgúns que aínda non deron a cara!) https://i.gal/gamela03 Pero algún día deberan explicar cal é o seu xogo e para quen traballan!

1 Gustavo

Home, grazas principalmente a este señor da nova, o sr. xuiz e parte.

1 Roxalia

Non se cansa de facer o ridículo.

1 Jorge Suarez

Si claro aquí exemplos de dignidade sobran, ben sexa Feijoo con Narcos ou outras contratando a pederastas, defendendo procesions ou presentándose por Pontevedra sendo de Ferrol. Esto xa non é que sexa ridículo, o desto xa é asqueroso

2 Frecha

A vosa lideresa Ana Poltrona preséntase pola Coruña sendo da provincia de Lugo. Pero claro, os peidos da lideresa non feden.

3 Alpinista

Ana leva máis da metade da súa vida residindo en Compostela: 24 anos. E aínda que restes os de estudante, seguen sendo dúas décadas. Como disculpa para tapar a Yolanda non serve. E mira que se pode criticar, por exemplo pola omnipresente figura nos carteis e nos medios (decidido polo BNG cando ela non se presenta agora, será que teñen vergoña dos cabezas de lista?) ou como escandalosa vividora da política (claro que mellor calar, pois a Yolanda é case igual). En fin, os taparrabos de partido sodes patéticos!