Sabes canto vai gastar un galego de media durante a Semana Santa?

Será un 52% menos do que se gaste no coxunto do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A intención de gasto manifestada polos galegos para as vacacións de Semana Santa sitúase en 210 euros, o que supón un descenso do 28% respecto das intencións manifestadas en 2018, segundo se desprende do Observatorio Cetelem Estacional, dado a coñecer este mércores.

Ademais, se se compara coa intención de gasto declarada pola media de españois, a dos galegos é un 52% inferior á media española (210 euros fronte a 438 euros de media en España).

Tan só o 11% dos galegos enquisados ten intención de gastar máis que o ano pasado nas vacacións de Semana Santa, a mesma porcentaxe que en 2018. As actividades preferidas que os galegos din que van facer esta semana Santa son, por esta orde: descansar e quedar con amigos (59%); saír a restaurantes (34%); e viaxar (23%).

Os datos do Observatorio Cetelem Estacional obtivéronse a partir de mil enquisas en liña realizadas pola empresa Invesmarket entre maiores de 18 anos.

Cetelem, especialista en crédito ao consumo, préstamos persoais e xestión de cartóns, opera en España desde 1988, onde conta actualmente con máis de 1.500 empregados e 2,5 millóns de clientes.

Terraza en Santiago de Compostela
Terraza en Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta