O Hospital da Coruña proba con éxito o robot cirurxián Da Vinci

O Centro Experimental do Centro Hospitalario Universitario da Coruña, examinou as posibilidades cirúrxicas da plataforma Da Vinci para diferentes tipos de operacións. A incorporación deste sistema ao sistema público de saúde en Galicia permitiría estar ao mesmo nivel que outros sistemas públicos do Estado.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 17/04/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os días 11 e 12 de abril o Centro Experimental do CHUAC puido probar as posibilidades que ofrece o robot cirurxián Da Vinci, un dos últimos sistemas robóticos para intervencións non invasivas dentro do campo das intervencións médicas mediante cirurxía.  Neste caso usáronse dous aparatos, un deles era un simulador para familiarizarse co uso do robot e co outro aparato puidéronse realizar operacións experimentais.

Intervención co robot cirurxián Da Vinci
Intervención co robot cirurxián Da Vinci | Fonte: cedida

Segundo apunta parte do equipo que realizou a intervención, “a operación foi un éxito, pois a diferenza dos seres humanos, este robot pode facer xiros de 360º cousa que permite máis xogo no momento de operar”.  Á parte disto tamén destacan que a incorporación desta plataforma robótica “democratizaría moito a cirurxía grazas este robot”. A día de hoxe en Galicia existen tres robots deste tipo dentro da sanidade privada, mentres que non hai na pública.

As persoas que se poden beneficiar  deste sistema serían as afectadas por cancro de próstata, vexiga e ril. “Isto  non quere dicir que en Galicia podamos dispor deste sistema inmediatamente” din desde o equipo que experimentou co Da Vinci no CHUAC. “De momento estas probas serven para familiarizar equipos humanos co sistema” din as mesmas fontes do equipo.

A operación cun sistema deste tipo reduce a “invasión” do corpo do paciente. Mediante incisións vanse introducindo diferentes aplicacións para operar. Primeiro achéganse unha serei de “portos”, que son cilíndros por onde saen os diferentes elementos cirúrxicos. “A operación realízase en 3D, polo tanto a visión interior é magnífica”. “O robot opera dirixido polo cirurxián o que facilita os movementos da man humana e mesmo os mellora”.

“Desde a sanidade pública en Galicia nos gustaría moito poder dispor deste tipo de sistema” din as persoas que probaron o Da Vinci en Coruña. Non obstante, os custes destas aplicacións tecnolóxicas son elevados, con todo non se descarta que Sanidade e o mesmo Sergas nun futuro, podan negociar a incorporación destas plataformas ao sistema público de sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta