Aumenta a crise do transporte en Sogama

A empresa responsable de transportar residuos a Sogama renuncia á subcontrata ante a folga de conductores e acusa aos traballadores de chantaxe. Ests piden que asuma o "desastre".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A empresa Transportes Pacholo, encargada de transportar residuos a Sogama, anunciou este mércores a súa renuncia á subcontrata ante a folga indefinida convocada por condutores, que denuncian unha situación de precariedade e reclaman a readmisión de oito despedidos.

A empresa do Carballiño (Ourense) alega esta decisión no "dano" feito por estes empregados en folga, aos que acusa de facer "mal" o seu traballo e realizar medidas de "chantaxe". Pola súa banda, os transportistas en folga esixen á UTE adxudicataria (conformada por Copasa, Renfe e Logirail), que no seu día subcontratou a Transportes Pacholo, que "ten que resolver esta situación" e "asumir as consecuencias deste desastre". 

Protesta de transportistas de Sogama
Protesta de transportistas de Sogama | Fonte: EP

A compañía asegura que non readmitirá aos traballadores debido á "redución da carga de traballo", "na que tiveron moito que ver comportamentos inadecuados dalgúns condutores que causaron tanto dano en tan pouco tempo", aos que acusa de "empeorar" o servizo. "Non os queremos ter no noso persoal, polas súas actitudes, o seu boicot e os seus comportamentos, porque estiveron máis tempo nos xulgados e coas pancartas que na estrada", arremete.

De tal forma, lamenta un "desgaste continuo e sen sentido", con "incumplimentos" por parte dos condutores que foron "reiterados", que inclúen vehículos "maltratados" e "choques intencionados contra columnas con desfeitas na cabeza tractora". "E chega un momento que non podemos máis", sostén. Por iso, a compañía ten pensado renunciar a este negocio para "centrarse" nas mercadorías, no que leva "moitos anos" cun "persoal profesional".

OS TRABALLADORES ESIXEN Á ADXUDICATARIA "ASUMIR ESTE DESASTRE"

Pola súa banda, os transportistas en folga esixen á UTE adxudicataria (conformada por Copasa, Renfe e Logirail), que no seu día subcontratou a Transportes Pacholo --ademais da outras empresas--, que "ten que resolver esta situación" e "asumir as consecuencias deste desastre".  Por iso, convocan unha manifestación en Ordes o día 27.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta