O Goberno replica a Feijóo que "está traballando" en traspasar da AP-9 a Galicia

A portavoz do Goberno xustificou o traspaso da AP-68 ao País Vasco polo feito de que se está producindo a transferencia de estradas a esta comunidade autónoma desde os anos 80.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 17/04/2019 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia


Ao ser preguntada polo feito de que a Xunta, e en concreto o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, denunciase trato discriminatorio tras esta decisión, xa que Galicia reclama o traspaso da AP-9 que aínda non se concretou, Celaá dixo que, precisamente na mañá deste mércores, falara sobre este asunto coa ministra de Administración Territorial, Meritxel Batet, e trasladoulle que "están a traballar niso".

A portavoz do Goberno xustificou o traspaso da AP-68 ao País Vasco polo feito de que se está producindo a transferencia de estradas a esta comunidade autónoma desde os anos 80. Ademais, argumentou a decisión no feito de que forma parte do artigo 10 do Estatuto de Guernica que tamén, alegou, foi citado por José María Aznar nos anos 90.

Así, insistiu en que o cambio de titularidade de 70 quilómetros desta estrada "vén completar o estatuto de Guernica" en materia de traspaso de estradas. Tamén explicou que hai outro tres materias en "este primeiro bloque" cuxo traspaso estaba previsto realizar ao redor de marzo deste ano, pero que se seguen negociando "igual que se seguirá co de Galicia".

Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta