Entregadas sinaturas pedindo restablecer o servizo de pediatría nas Somozas, Cerdido, Moeche e San Sandurniño

A falta dun servizo de pediatría especializado, por falta de especialistas, afecta "a uns 330 nenos do catro municipios".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Integrantes da Plataforma queremos servizo de pediatría nas Somozas, Cerdido, Moeche e San Sandurniño, formado por nais e pais afectados pola supresión de atención pediátrica especializada nestes municipios do norte da provincia da Coruña, presentaron este mércores no edificio administrativo da Xunta en Ferrol, 2.543 sinaturas dirixidas ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, coas que reclaman que "se restableza o servizo nas mesmas condicións" que viña prestando ata xaneiro deste ano, tal e como asegurou unha dos seus portavoces, Mónica Muiño.

Os veciños destas localidades estiveron acompañados polos rexedores de Cerdido, Benigno Galego (PSOE), Moeche, Beatriz Bascoy (BNG) e San Sadurniño, Secundino García (BNG), coa única ausencia do rexedor das Somozas, Juan Alonso Tembrás (PP).

Muiño destacou que as rúbricas foron "recollidas desde o pasado 14 de marzo" porque viviron "unha carencia en pediatría" nos seus municipios, con "a supresión do servizo itinerante, que ía un día á semana aos centros de saúde das Somozas, Cerdido e Moeche e que agora perdemos", sinalou, en relación a que a pediatra que os atendía cambiase de destino.

A falta dun servizo de pediatría especializado, por falta de especialistas, afecta "a uns 330 nenos do catro municipios", destacaron, e que nos últimos meses, tras aplicarse esta mediada a principios de xaneiro, "non" tiveron " noticias, non sendo normal estar a vivir esta situación tras transcorrer xa tres meses, sen que desde a Xunta fagan nada o respecto", abundaron.

PROFESIONALIDADE DOS MÉDICOS

Mónica Muiño trasladou, en declaracións aos medios de comunicación, que cren "na profesionalidade dos médicos que van pasar consulta", agora só ao centro de saúde de San Sadurniño, pero din que "o servizo non é como antes".

"Escoitando moito malestar por parte dos pais, debido a que son varios os que rotan e que non permiten levar un seguimento dos nenos, xa que cando un dos pacientes ten un proceso o que non pode ser é que un día cho mire un médico e para o outro día  outro", sentenciou.

FERROL (pais asinas pediatría)
FERROL (pais asinas pediatría) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta