José Ramón Otero será o candidato á Alcaldía de Pontevedra pola coalición de Podemos e EU

Caeron do acordo Anova e Equo, con quen EU e Podemos mantiveron conversacións ata o pasado venres, día no que concluíu o prazo para o rexistro de coalicións para as eleccións municipais do próximo 26 de maio.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/04/2019 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O secretario local de Podemos Pontevedra, José Ramón Otero, será o candidato á Alcaldía da Cidade do Lérez pola coalición de Podemos e Esquerda Unida, que se presentan en alianza baixo o paraugas da marca Son En Común.

Diso informa o partido morado nun comunicado emitido este mércores no que apunta que "en todo momento e sen excepción" buscouse un acordo de coalición con "forzas afíns", pero que finalmente este non se deu "por causas diversas".

Deste xeito, caeron do acordo Anova e Equo, con quen EU e Podemos mantiveron conversacións ata o pasado venres, día no que concluíu o prazo para o rexistro de coalicións para as eleccións municipais do próximo 26 de maio.

Así as cousas, José Ramón Otero encabezará a candidadatura 'Podemos-Esquerda Unida-Son En Común', que competirá nas urnas con outra lista do espectro da esquerda rupturista, Marea de Pontevedra, que estará liderada por Luís Rei e que conta co respaldo orgánico de En Marea, o partido instrumental que encabeza Luís Villares.

O Concello de Pontevedra será outro dos municipios galegos nos que haberá máis dunha candidatura procedente do espazo político da chamada unidade popular. No sete cidades, só en Santiago, A Coruña e Vigo, polo momento, concorrerá un único proxecto do universo das mareas municipalistas.

Fwd: (Nota De Actualización): Podemos Pontevedra Preséntase En Coalición Con Eu
Fwd: (Nota De Actualización): Podemos Pontevedra Preséntase En Coalición Con Eu | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta