En Común-Unidas Podemos propón baixar o IVE dos servizos veterinarios e de alimentación para animais

O obxectivo é mellorar os datos de benestar animal.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/04/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O candidato pola Coruña ao Congreso por En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, detallou este xoves a proposta da formación para a redución do IVE dos servizos veterinarios e da alimentación co obxectivo de mellorar os datos de benestar animal.

Antón Gómez-Reino
Antón Gómez-Reino | Fonte: EP.

Nunha visita ao refuxio de Apadan en Culleredo (A Coruña), o candidato cuestionou que o IVE que se paga polos servizos veterinarios sexa "de luxo", cando hai "moitísimas familias que conviven con animais domésticos".

Por iso, e como contou Rubén Pérez, da Asociación Libera, a proposta de En Común-Unidas Podemos pasa por baixar o IVE dos servizos veterinarios do 21% actual ao 10% e reducir o de alimentación para animais do 10% vixente ao 4%. "Este tipo de iniciativas non só axudarán ás entidades protectoras de animais e refuxios, senón tamén a miles de familias que viron como esas subidas do IVE afectaron especialmente ao benestar dos seus animais", dixo.

Do mesmo xeito, Antón Gómez-Reino apostou tamén por unha lei de protección animal para "avanzar na unificación de criterios" a nivel estatal. Como exemplo da "disparidade" existente na actualidade, Rubén Pérez indicou que o mesmo suceso de abandono pode ser sancionado en Galicia con 30.000 euros, en Castela A Mancha con 6.000 e en Aragón con 150.000.

"Como sociedade, temos o desafío de desenvolver un marco lexislativo para unha nova sensibilidade na relación cos animais", dixo Gómez-Reino, que viu "importantes avances" no ámbito urbano en localidades gobernadas por afíns á formación e asegurou que, nesta cuestión, "a sociedade civil vai moi por diante das institucións".

Finalmente, o candidato pola Coruña destacou o traballo que levaron adiante durante estes anos nas Cortes en materia de benestar animal e reiterou o seu compromiso coa "mellora das condicións de vida dos animais e da convivencia nas contornas rurais e urbanas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galiza Ceibe

andan preocupados pola comida coma van ir todos o paro os cebons enton pois claro teñen dubidas polo pensó... eu lembro aquel pensó forza que ben poñia os animais... PODREMIOS E AGORA XA PERDEMOS, viron as ultimas enquisas seguen e seguen caendo... ji-ji NON MEREN NADA!!!

1 lóstrego

E que suba o leite e baixe o peixe.