Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2019 | Actualizada ás 13:49
A Audiencia Provincial xulgará o próximo 22 de abril a un mozo acusado de propinarlle unha puñada ao alcalde de Carnota, Ramón Noceda (BNG), durante unha discusión producida na rúa en agosto de 2017.
Os feitos ocorreron ás 05.00 horas do día 15 de agosto de 2017 cando o acusado, D.G.B., sen antecedentes penais, se atopaba nun bar do municipio de Muros, onde iniciou unha discusión co rexedor pola súa xestión das escolas deportivas locais.
Alí, "con ánimo de menoscabar a súa integridade e con menosprezo do principio de autoridade", propinoulle unha puñada no lado dereito da cara ao rexedor, que sufriu contusión esternal pola que estivo impedido para realizar as súas actividades habituais.
O suposto agresor está acusado dun delito de atentado á autoridade e outro de lesións, polos que a Fiscalía solicita dous anos de cárcere e o pago dunha multa de 3.420 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.