En Marea carga contra a "falta de compromiso" con Galicia de PSOE e Podemos

Nun mitin na Pobra de Trives (Ourense), o partido culpa as políticas do PP na Xunta e a Deputación do despoboamento

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/04/2019 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, cargou este xoves contra a "falta de compromiso que Podemos e o PSOE teñen historicamente con Galicia", algo que, segundo as súas palabras, foi evidenciado cos últimos Orzamentos Xerais do Goberno de Pedro Sánchez, que "prexudicaban seriamente" o país.

Luis Villares
Luis Villares | Fonte: En Marea

Durante un mitin celebrado na Casa da Cultura da Pobra de Trives (Ourense), no que estivo acompañado polo número un ao Congreso por Ourense, Iván Olmos, e o deputado autonómico Davide Rodríguez, entre outros, Villares sinalou que as actitudes dos gobernos "pesan moito" na "falta de oportunidades" do rural e as zonas despoboadas.

Neste sentido, acusou o tándem PSOE-Podemos de "non ter un compromiso con Galicia nin coas súas auténticas necesidades, máis aló de considerar o subsidio". E é que, para o portavoz de En Marea, é un "feito" que no proxecto de contas presentado polo Executivo de Sánchez no Congreso, apoiados por Podemos, "non servían para desenvolver".

Ademais, Villares esgrimiu que estas dúas formacións "fan fotos nas que Galicia nunca sae" e apuntou que, cando falan deste país, "parecen considerar que ofrecendo subsidios está todo amañado".

Así, o portavoz do partido que esta vez acudirá en solitario e como marca propia ás eleccións xerais --despois do desmarque de Podemos, Esquerda Unida e Anova-- evidenciou que cando se tentan aprobar uns Orzamentos "nos que non se inclúen investimentos en Galicia, suceden cousas como que desaparecen os postos de traballo que fixan poboación no territorio, desaparecen os servizos que o Estado debe prestar, e o rural vaise empobreciendo cada vez máis".

O DESPOBOAMENTO

Pola súa banda, o cabeza de lista de en Marea por Ourense, Iván Olmos, arremeteu contra o Partido Popular, que goberna tanto na Deputación como na Xunta, para culpalo do "despoboamento" da provincia.

"É preciso pór o foco nos únicos que estamos a pór enriba da mesa medidas para revitalizar o rural e combater o despoboamento, que é un dos principais problemas da provincia", asentou.

No mesmo sentido falou Davide Rodríguez, deputado no Parlamento galego e exalcalde de Manzaneda, quen sinalou que a comarca de Trives é "cada vez máis vulnerable e dependente por culpa das políticas de abandono que o PP leva practicando durante os últimos anos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Xanc

Ataca a Podemos e apoia a Marea Atlántica?! Xa non entendo nada. Ataca a Podemos e considérao “socio preferente”? Desta morro! Lévame pronto

2 Gustavo

"O portavoz de enMarea atacou a Podemos...". Pero é o portavoz dun grupo parlamentario donde hai moitos máis deputados/as de Podemos que dos seus. Esto é de risa, e que siga de voceiro... Por certo, moito sae Villares neste xornal, por qué será?

1 Clara

Pois é moito mellor voceiro el que calquera das opciónd que hai no grupo parlamentario.

2 Gustavo

Iso dilo ti, pero moitísima xente non opina así das suas cualidades oratorias. Pero ao marxe desas apreciacións, cómo podes ser voceiro dun grupo parlamentar, no que atacas á maioría dos seus parlamentarios e o grupo político en que militan? E cómo a maioría dese grupo (calcúlase que uns 10 contra 4 ou así) permite que este home siga sendo o seu portavoz? E cómo se seguen a chamar o grupo de EnMarea cando a maioría dese grupo compite contra esa marca, e viceversa? Varios esperpentos xuntos.

3 Su Señoría Deputada

Gustavo, co tempo a gasosa perdeu gas e o experimento levou á impotencia. Xa nin Colau logra a continuidade, a santa Carmena non asegura consensos Madrid vai de unións falsas á separación traumática, pola rexión noroeste tampouco hai amor (Lugo, Ferrol, Ourense...). Se houbera decisión das bases, revocando cargos, hai deputadas que estarían fóra... Acontece que a democracia avanzada non presta ben aos trepas. O tal grupo non existe!!! Hai tres grupiños, tres obediencias e moitas navallas afiadas... Prepárate, que ti es parte no negocio: dos que sostén as escadas para que outros trepen!

4 Desfeita

O que hai que preguntarse e por que os deputados de Podemos seguen facendo parte dun grupo en cuxos principios nunca creron. Será porque temen presentarse baixo o seu propio nome?

1 Desmareado

Podemos, ese partido que ten "falta de compromiso HISTORICAMENTE con Galicia", é con quen estivestes ata que se convocaron estas eleccións!! Imposible confiar en vós.