18.700 candidatos para 2.064 prazas nas oposicións da Consellería de Educación

O procedemento selectivo dará comezo o 22 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2019 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Un total de 18.700 persoas optarán ás 2.064 prazas que se repartirán nas oposicións convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos distintos corpos docentes, segundo os datos da Xunta ao peche do prazo para presentar as solicitudes.

Estudantes en exames de oposicións.
Estudantes en exames de oposicións.

As prazas están repartidas en 36 especialidades. Delas, 1.122 son relativas ás taxas de reposición; 666, á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.

Do total de persoas que concorrerán á oposición, 466 inscritos fixérono para a adquisición dunha nova especialidade, é dicir, persoas que xa son funcionarios de carreira e desexan ser titulares dunha especialidade máis.

O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento da lingua galega realizarase o 7 de xuño ás 18,00 horas no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela), mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán será o mesmo día no mesmo lugar, pero ás 17,00 horas.

O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño do 2019. O acto de presentación, de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes, celebrarase ese día ás 09,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta