Ence acusa o Goberno de actuar como un "réxime bolivariano" e planea irse a outro país

A empresa xustifica que "non existe emprazamento alternativo" en Galicia para a súa fábrica de Pontevedra cun informe "independente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2019 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A compañía de enerxía e celulosa Ence xustificou este sábado que "non existe emprazamento alternativo" en Galicia para a súa biofábrica de Pontevedra cun informe da consultora "independente" IDOM. Así, respondeu a empresa ante as afirmacións do candidato do PSOE á alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, sobre a existencia de "varios emprazamentos" para unha nova fábrica de celulosa.

O Goberno apela a 'seguir a lei' coa planta de Ence en Pontevedra, pendente de que resolva a Audiencia Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo
O Goberno apela a 'seguir a lei' coa planta de Ence en Pontevedra, pendente de que resolva a Audiencia Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

O informe conclúe que "desde un punto de vista técnico" a consultora "non ve posible" atopar unha localización física diferente para a fábrica de ENCE en Pontevedra que cumpra ao mesmo tempo "con todos os condicionantes" establecidos.

Neste sentido, Ence lembrou que ao supor a madeira e a man de obra o 61% do custo total de fabricación da celulosa, se inviste nunha nova fábrica faríao nun país con estes dous compoñentes máis baratos que en Galicia. Ademais, este gasto levaríao a cabo, "desde logo", nun país que ofrecese seguridade xurídica ao seu investimento.

"O modo en que a Dirección Xeral de Costas [do Ministerio para a Transición Ecolóxica] actuou é propio dun réxime bolivariano", subliñou Ence, xa que, ao seu xuízo, "se inventa unha interpretación falsa e manipulada da lei e, apropiándose de facultades do Parlamento ou do Tribunal Supremo, decide que a lei é ilegal".

Así mesmo, segundo a firma, a Dirección Xeral de Costas ordenou á Avogacía do Estado a "desdicirse do que defendera ata entón" e a "achandarse en tres recursos contra o outorgamento da prórroga da concesión de Ence Pontevedra que ela mesma dera dous anos antes, esixindo investimentos por 61 millóns de euros dos que se executaron máis de dúas terceiras partes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 ence empresa do pp

e xa moi difícil diferencial a propaganda do partido putrefacto PP e a dos acólitos de ence e demais "comunecios de co.co$" o sindicato amarelo da patronal, están facendo o que xa tiñan feito coa empresa PESCAPODRE, que deixou un inmenso buraco negro... queren un-ha concesión de 70 anos para un-ha empresa suxa e contaminante que fabrica pasta de papel e ten arrasado a ria e penoso o que están facendo, lamentabel mentiroso e antidemocrático... si queren irse miren a xente venderá en Portugal o Asturias... non se perde nadiña e gañase moito... si queren irse proben nas antípodas na nueva Zelanda, e o mais lonxe de nos e ademáis ahí teñen eucaliptos naturais do país non espece invasora...

2 José

Por certo, un consello a GC. Que Ence lle chame á factoría de Lourizán "biofábrica" non significa que os medios de comunicación teñan que chamala tamén así. Pero qué é iso de "biofábrica"...? Que non nos tomen o pelo!

1 José

Poden escoller entre Francia, Italia ou Bélxica, seguro que o Eucalyptus nitens se da ben. Pero alí non funciona iso das amizades políticas para fomentar a súa plantación masiva, como levan facendo aqui cos gobernos amigos de Fraga e Feijoo.