A Xunta traslada aos galegos de Venezuela o "apoio permanente" da Galicia territorial

O secretario xeral de Emigración expresa a súa "preocupación" pola súa situación no país americano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2019 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou aos galegos que residen en Venezuela o "apoio permanente" e a "preocupación" pola súa situación desde a Galicia territorial.

Venezolanos maniféstanse en Santiago en defensa de Capriles
Venezolanos maniféstanse en Santiago en defensa de Capriles

Fíxoo a través do presidente dunha das entidades con maior número de socios de orixe galega do mundo, a Irmandade Galega de Venezuela, Roberto González, con quen tivo un encontro en Santiago de Compostela.

A Irmandade Galega de Venezuela conta con preto de 25.000 galegos nun país no que, a 1 de xaneiro de 2019, residían 35.996 persoas de orixe galega. Só en 2017 regresaron a Galicia 2.163 emigrantes ou descendentes de emigrantes con nacionalidade española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta